Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Política Municipal

O PSOE de Cambre presenta as primeiras pinceladas dun proxecto “serio e responsable” para recuperar o bo funcionamento do Concello

– A formación socialista propón medidas urxentes para ordenar a xestión municipal, recuperar servizos e garantir estabilidade dende o primeiro día de goberno. O PSOE de Cambre presenta as primeiras liñas dun proxecto de goberno “serio, responsable e con visión de futuro”, que aspira a poñer fin á parálise que sofre o Concello nos últimos …

UxC abserase na investidura e permitirá que o PP asuma a alcaldía de Cambre

– Desde o PSOE de Cambre sinalan que, ao absterse e renunciar a gobernar, UxC entrega o goberno municipal ao Partido Popular nun Concello con maioría progresista Unión por Cambre (UxC) anunciou a súa abstención no pleno de investidura do vindeiro luns, unha decisión que, na práctica, permitirá ao Partido Popular (PP) asumir a alcaldía …

O PSdeG de Cambre presentará candidato ao próximo Pleno de investidura: “É posible un goberno de esquerdas en Cambre”

-O voceiro socialista local Diego Alcantarilla sinala que isto se fará “como partido maioritario dentro a esquerda no noso Concello” e “por responsabilidade e respecto aos veciños e veciñas” O PSdeG-PSOE de Cambre anunciou, nunha rolda de prensa celebrada na sede provincial do partido na Coruña, que presentará candidato ao próximo pleno de investidura do …

O PSdeG de Carral rexeita as acusacións e insultos do alcalde de Oleiros á súa voceira Patricia Blanco

-Dende a organización esíxenlle ao líder de Alternativa dos Veciños unha desculpa polas súas declaracións na radio O PSdeG-PSOE rexeita as acusacións e insultos vertidos na radio por Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros e líder de Alternativa dos Veciños, contra a voceira socialista local Patricia Blanco, e esixe unha desculpa. Ante ditas acusacións, dende …

O PSOE de Cambre critica a “falta de diálogo e responsabilidade política” de UxC trala dimisión de María Pan

-Diego Alcantarilla subliñou que que o PSOE de Cambre mantivo sempre “unha actitude construtiva, co único obxectivo de mellorar a situación do Concello” O Grupo Municipal Socialista de Cambre compareceu esta mañá en rolda de prensa na sede provincial do PSdeG-PSOE na Coruña para valorar a situación política do municipio tras a recente dimisión da …

A Deputación atenderá a petición do PSOE de Lousame para ampliar e mellorar a seguridade da estrada DP-4201

– As obras suporán unha importante mellora da seguridade nos núcleos de Boca do Souto, A Chave e Aldea Grande -O portavoz socialista na Deputación, Bernardo Fernández, visitou hoxe a zona acompañado do portavoz local do PSOE, Juan José Pego, e confirmou que as obras se acometerán por fases. A Deputación da Coruña atenderá a …

O PSOE de Malpica denuncia “o despilfarro e a falta de control” do Concello trala aprobación dun novo suplemento de crédito

-“O propio señor Parga confirmou que remataron cos aforros que había, deixámoslles 3 millóns de euros de remanente e agora están levando o municipio á ruína”, critica o PSOE -O Grupo Municipal Socialista votou en contra de dito suplemento no pleno, criticando a abstención por parte do BNG, “que sigue autorizando a xestión do Partido …

O PSOE de Oroso lamenta que “o alcalde presuma de obras que deixou preparadas o anterior Goberno local tras dous anos de abandono”

-“Despois de dous anos gobernando só executaron dúas das 10 actuacións que lles deixamos totalmente encamiñadas”, indican dende a formación -“A pesar disto, acusan de abandono ao executivo anterior, están tratando de enganar á cidadanía, tomando á xente por tonta”, engaden O PSdeG-PSOE de Oroso lamenta que “o alcalde presuma de obras que deixou preparadas …

O Pleno de Teo aproba a moción do PSOE para reclamar un pediatra no consultorio de Cacheiras

-A voceira socialista local Mayte Argibay celebrou “o apoio a unha reivindicación tan fundamental da veciñanza” O Pleno Municipal do Concello de Teo aprobou, na súa última sesión, a moción presentada polo PSdeG-PSOE que reclamaba un pediatra no consultorio de Cacheiras. A petición, dirixida á Consellería de Sanidade da Xunta, instaba a “evitar a precariedade …

O PSOE de Carballo reclama a protección do edificio do Casino e súmase á súa campaña de recollida de firmas

-Dende o Grupo Municipal xa levaron esta cuestión ao anterior pleno: “O alcalde dixo que se ía reunir coa directiva, pero o comezo desta campaña demostra que non se deu solución ao problema” O PSdeG-PSOE súmase á campaña de recollida de firmas para pedir a protección urbanística do Casino de Carballo. Este edificio de 100 …