Tag: Patricia Iglesias Rey
O PSdeG reclama unha rehabilitacion integral do CPI de Zas
O PSdeG-PSOE de Zas reuniuse no Parlamento de Galicia co Grupo Parlamentario Socialista para trasladarlle as demandas da comunidade educativa do CPI de Zas, despois de reunirse coa ANPA de dito centro. A voceira socialista de Zas, Sheila Rial, participou na reunión xunto á deputada Patricia Iglesias e o deputado Aitor Bouza, coa fin de …
O PSdeG esixe á Xunta ampliación e mellora do IES de Cacheiras en Teo
O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia a ampliación e mellora urxente do IES de Cacheiras, o único instituto público do concello de Teo, que acolle a case 700 alumnos e alumnas e que leva anos denunciando deficiencias. A deputada socialista Patricia Iglesias, xunto co deputado Aitor Bouza, visitaron o centro educativo para coñecer de …
O PSdeG reclama máis medios para o servizo de comedor escolar en Bergantiños e a Costa da Morte
O PSdeG-PSOE reuníuse en Carballo con cociñeiras e cociñeiros do servizo de comedor escolar de Bergantiños e da Costa da Morte, amosando apoio ás súas reivindicacións. Participaron na xuntanza os membros do Parlamento galego Patricia Iglesias Rey e Aitor Bouza, así como Lois Carballido, secretario de educación da executiva provincial, e José Manuel Pérez Abelenda, …
O PSdeG defende a educación pública e acompaña á comunidade educativa de Rianxo na súa loita
Os socialistas da provincia participaron esta mañá na concentración convocada pola Coordinadora de ANPAS en Rianxo, unha mobilización que reuniu a familias, alumnado e profesorado en defensa da educación pública e en contra dos recortes que a Xunta de Galicia está a aplicar nos centros educativos da comarca do Barbanza. A marcha partiu do peirao …
O PSdeG denuncia os recortes na educación pública en Ribeira e participa na mobilización do CEIP O Grupo
Os deputados socialistas Aitor Bouza e Patricia Iglesias, e o voceiro do PSdeG en Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, participaron este venres na mobilización convocada pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP O Grupo de Ribeira. A protesta desenvolveuse diante do centro para denunciar os recortes aplicados polo Goberno autonómico e reclamar unha …
O PSdeG reclamará no Parlamento de Galicia máis profesorado de Atención Especial nos centros de Bergantiños
O PSdeG-PSOE anuncia que levará ao Parlamento galego as demandas das ANPAs da comarca de Bergantiños, que reclaman entre outras cousas máis profesorado de atención especial. Patricia Iglesias Rey e Aitor Bouza, membros do Parlamento galego, participaron nunha xuntanza en Coristanco coas ANPAs da zona para coñecer mellor a situación. Tamén estiveron nela o voceiro …
Os socialistas de Bergantiños consideran “decepcionantes” uns orzamentos da Xunta que “esquecen a comarca”
Os socialistas de Bergantiños consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025. “De novo uns orzamentos que esquecen a comarca de Bergantiños e non apostan por ela”, sostén Patricia Iglesias, deputada responsable de comarca de Bergantiños no Parlamento de Galicia. “Vemos máis débeda e menos financiamento dos servizos de benestar, ausencia …
Os socialistas de Santiago reclaman “máis chan industrial e partidas sociais para a comarca nos orzamentos da Xunta”
Os socialistas da Santiago consideran “decepcionanes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025, feitos públicos onte, “xa que non miran para a nosa comarca, non atenden as nosas necesidades”. “Nin máis chan industrial, nin máis vivenda pública, nin melloras nas infraestruturas nin aposta polas políticas sociais”, sostén Patricia Iglesias, deputada da responsable …
O PSdeG reclama á Xunta que financie a construción do polígono industrial de Pedras Vermellas en Ribeira
O PSdeG-PSOE reclama á Xunta de Galicia o financiamento da creación do polígono industrial de Pedras Vermellas, no municipio de Ribeira. O Grupo Municipal Socialista no Parlamento galego presentou unha proposición non de lei para instar á Xunta a establecer ao longo do ano 2024 as liñas e contías de financiamento plurianuais necesarias para a …