Tag: Parlamento de Galicia
O PSdeG denuncia a “utilización caciquil” que a Xunta fai dos recursos destinados ao mantemento dos centros educativos
–Silvia Longueira levará ao Pleno do Parlamento da próxima semana a “situación lamentable” do CEIP Francisco Vales Villamarín e dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas de Betanzos, provocada polo desleixo da Consellería de Educación –A alcaldesa brigantina, María Barral, reclamoulle ao goberno galego que arranxe “as carencias estruturais e de salubridade” que presentan os …
O Parlamento galego aproba unha iniciativa socialista para que a Xunta poña en marcha un sistema de bombeo de augas residuais en Lorbé e colabore co concello para completar o saneamento
–Julio Abalde advertiu da incidencia que as verteduras ao mar teñen na calidade dunhas augas onde existe unha gran produción marisqueira, especialmente de mexillón O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha iniciativa do Grupo Socialista a través da que se lle reclama á Xunta que colabore co Concello de Oleiros para completar o saneamento da …
Besteiro, sobre a emerxencia na Atención Primaria: “a realidade no rural é que non hai centros de saúde ou hai centros de saúde sen médicos”
Estivo acompañado do secretario xeral provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, así como da alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, e voceiros e voceiras da comarca das Mariñas e Interior. “Os 14 psicólogos que Rueda anunciou que se ían incorporar son os mesmos que levan prometendo durante os últimos tres anos”, denunciou o secretario xeral do PSdeG …
O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que garanta a continuidade dos proxectos de investigación do Novo CHUAC mentres duren as obras
Silvia Longueira apunta que os Orzamentos da Xunta só contemplan 37,5 millóns dos 105 que custarán as obras, co risco de que o retraso se prolongue “máis alá de 2030” A parlamentaria socialista Silvia Longueira esixiulle hoxe á Consellería de Sanidade que garanta a continuidade dos proxectos de investigación e innovación sanitaria que se están …
O Grupo Socialista reclámalle á Xunta unidades de rehabilitación cardíaca para os hospitais da Coruña e Ferrol
Julio Abalde recriminoulle ao Goberno do PP que os pacientes se atopan “totalmente desprotexidos e abandonados polo Sergas” O deputado socialista recordou que cinco áreas sanitarias xa contan con ese servizo e esixiulle ao conselleiro que explique “que diferenza hai entre un enfermo de cardiopatía en Ferrol ou A Coruña con outro de Ourense” O …
O Grupo Socialista no Parlamento denuncia que o PP evita comprometer unha data para iniciar a amplicación do Porto de Lorbé
Julio Abalde critica que logo de dous anos de terse comprometido non hai “nin proxecto, nin ampliación, nin dique, nin pantaláns”, evidenciando que o anuncio era “fume electoral” O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, criticou hoxe que o PP evite comprometer unha data para executar a ampliación do porto de Lorbé, en …
O PSdeG denuncia en Carballo a falta de profesionais nos centros de saúde de toda a comarca
-A deputada no Parlamento galego Patricia Iglesias fixo un chamado a participar na manifestación pola Sanidade Pública deste domingo en Santiago O PSdeG-PSOE denunciou, dende o Centro de Saúde de Carballo, a falta de profesionais nos centros de saúde e outras deficiencias na sanidade pública de toda a comarca. A deputada socialista no Parlamento galego …
O PSdeG alerta de que a Xunta deixa a Narón sen ambulancias polas noites
O deputado Julio Abalde e o portavoz socialista no Concello, Jorge Ulla, advertiron que a partir das nove da tarde o oitavo municipio de Galicia por número de habitantes queda sen vehículos asistenciais, e esixíronlle a Rueda que poña fin a esa situación Criticaron que concellos con similar poboación contan con ata dúas ambulancias básicas …
O PSOE esixe á Xunta que actúe de inmediato para reparar os danos provocados polo temporal no CPI O Cruce de Cerceda
-O secretario provincial Bernardo Fernández e a deputada Silvia Longueira participaron na concentración convocada polas familias e avanzaron que levarán a cuestión ao Parlamento galego O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña esixe á Xunta de Galicia que actúe de inmediato para reparar os danos provocados polo temporal Martiño no CPI O Cruce de Cerceda. Así o …
O Grupo Socialista reivindica no Fórum Gastronómico os produtos de proximidade e esíxelle á Xunta “que non mire para outro lado”
O PSdeG acadou a unanimidade no Parlamento para que o Goberno galego prime o emprego de produtos quilómetro cero nas contratacións para os comedores públicos Os deputados Patricia Iglesias, Julio Abalde e Silvia Longueira apoiaron na súa visita á feira aos produtores locais Os deputados socialistas Patricia Iglesias, Julio Abalde, e Silvia Longueira reivindicaron hoxe …
O PSdeG esíxelle a Rueda que cumpra o compromiso do PP e amplíe o Polígono Industrial de Carballo
Patricia Iglesias, que defenderá a demanda este venres no Parlamento galego, reprochoulle ao Goberno do PP que pasaron seis anos desde que Feijoo prometera incrementar o número de parcelas, co resultado de que a día de hoxe non queda ningunha dispoñible Aitor Bouza criticou que a Xunta do PP ten “absolutamente esquecida” a comarca de …
O Grupo Socialista no Parlamento responsabiliza á Xunta da situación “insostible” da residencia de Oleiros pola falta de persoal e de medios materiais
Silvia Longueira alerta do alto índice de conflitividade provocado pola decisión de Política Social de ingresar residentes dependentes con problemas psiquiátricos sen persoal cualificado para ser atendidos Galicia. A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, advertiu hoxe que a falta de persoal e de medios materiais na residencia pública de Oleiros está …
O PP négase a poñer en marcha axudas aos mariscadores e mariscadoras afectados polo peche dos bancos
Julio Abalde criticou que os populares lle dean as costas ao sector pese a descensos de produción que no caso de especies coma o berberecho chegan a un 93 % Galicia. O PP rexeitou hoxe na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia a posta en marcha de axudas aos mariscadores e mariscadoras …
O PSdeG provincial reclama que a Xunta poña en marcha unha unidade de rehabilitación cardíaca en Ferrol
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña reclama que a Xunta poña en marcha unha Unidade de Rehabilitación Cardíaca na Área Sanitaria de Ferrol, a única en Galicia que non conta cunha unidade destas características. A coordinadora comarcal do PSdeG en Ferrolterra, Natividad González Laso, lanzou esta reclamación dende o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol xunto ao …
Os socialistas de Bergantiños consideran “decepcionantes” uns orzamentos da Xunta que “esquecen a comarca”
Os socialistas de Bergantiños consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025. “De novo uns orzamentos que esquecen a comarca de Bergantiños e non apostan por ela”, sostén Patricia Iglesias, deputada responsable de comarca de Bergantiños no Parlamento de Galicia. “Vemos máis débeda e menos financiamento dos servizos de benestar, ausencia …