Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Parlamento de Galicia

O Grupo Socialista esíxelle a Educación que retire as gradas do IES Manuel Murguía de Arteixo

A parlamentaria socialista Silvia Longueira reclamoulle hoxe á Consellería de Educación que retire as gradas do IES Manuel Murguía de Arteixo pola súa “lamentable situación de deterioro”, que as convirte nun perigo para os alumnos e o público en xeral. Longueira presentou unha pregunta na Comisión de Educación que se celebrou hoxe no Parlamento para …

O PSdeG demanda máis profesorado de Educación Especial no CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral

O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento galego unha batería de iniciativas coas que pedirán máis profesorado de apoio para o alumnado con necesidades especiais no CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral. Silvia Longueira, deputada no Parlamento de Galicia, e Obdulia Taboadela, deputada no Congreso, reuníronse en Carral coa ANPA do colexio para coñecer a situación e …

O PSdeG reclamará no Parlamento Galego medidas de seguridade na estrada AC-840 en Boimorto

O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia a instalación de medidas de seguridade para cruzar a estrada autonómica AC-840 ao seu paso pola parroquia boimortesa de Dormeá. A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira reuniuse coa veciñanza de Dormeá, que leva dende 2021 pedíndolle á Xunta estas medidas, para coñecer de primeira man a …

O PSdeG reclama máis medios para o servizo de comedor escolar en Bergantiños e a Costa da Morte

O PSdeG-PSOE reuníuse en Carballo con cociñeiras e cociñeiros do servizo de comedor escolar de Bergantiños e da Costa da Morte, amosando apoio ás súas reivindicacións. Participaron na xuntanza os membros do Parlamento galego Patricia Iglesias Rey e Aitor Bouza, así como Lois Carballido, secretario de educación da executiva provincial, e José Manuel Pérez Abelenda, …

O PSdeG defende a educación pública e acompaña á comunidade educativa de Rianxo na súa loita

Os socialistas da provincia participaron esta mañá na concentración convocada pola Coordinadora de ANPAS en Rianxo, unha mobilización que reuniu a familias, alumnado e profesorado en defensa da educación pública e en contra dos recortes que a Xunta de Galicia está a aplicar nos centros educativos da comarca do Barbanza. A marcha partiu do peirao …

O PSdeG denuncia os recortes na educación pública en Ribeira e participa na mobilización do CEIP O Grupo

Os deputados socialistas Aitor Bouza e Patricia Iglesias, e o voceiro do PSdeG en Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, participaron este venres na mobilización convocada pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP O Grupo de Ribeira. A protesta desenvolveuse diante do centro para denunciar os recortes aplicados polo Goberno autonómico e reclamar unha …

O PSdeG esíxelle á Xunta solucións á falta de prazas e frecuencias do transporte metropolitano en Ferrolterra

O PSdeG-PSOE esísexelle á Xunta de Galicia solucións ás problemáticas do transporte metropolitano en Ferrolterra, que inclúen a ausencia de frecuencias suficientes e que a xente non poida subir aos buses por falla de prazas. Por unha banda, o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro sinalou que “son moitos os problemas que detectamos xa dende …

O Grupo Parlamentario Socialista sinala que a Xunta “ten un merecumbé montado” co proxecto de vivendas de alugueiro social de Xuxán

A parlamentaria socialista Silvia Longueira apuntou hoxe que a Xunta “ten un merecumbé montado coa xestora de Galivivienda, Gesvieco e o arquitecto” das vivendas de alugueiro social de Xuxán. Longueira presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que lle reclamou á conselleira de Vivenda que “faga o seu traballo” para protexer aos cooperativistas …

O PSdeG reclamará no Parlamento de Galicia máis profesorado de Atención Especial nos centros de Bergantiños

O PSdeG-PSOE anuncia que levará ao Parlamento galego as demandas das ANPAs da comarca de Bergantiños, que reclaman entre outras cousas máis profesorado de atención especial. Patricia Iglesias Rey e Aitor Bouza, membros do Parlamento galego, participaron nunha xuntanza en Coristanco coas ANPAs da zona para coñecer mellor a situación. Tamén estiveron nela o voceiro …

O PSdeG denuncia que os cooperativistas de Xuxán están ao límite e urxe a Rueda que paralice a chantaxe da xestora e garanta os prezos sociais das vivendas

–Silvia Longueira e Julio Abalde advertiron que se o presidente galego non actúa antes do venres, “será cómplice” dunha operación urbanística opaca que se está a desenvolver en parcelas da Xunta. –Os deputados, que acudiron ao novo barrio na compaña do concelleiro de Urbanismo coruñés e de afectados, esixirán explicacións no Parlamento sobre os máis …

O PSdeG rexistra iniciativas urxentes para o SAF e denuncia o incumprimento da Lei de Servizos Sociais

–Entre as medidas que propón o Grupo Socialista no Parlamento galego inclúese tamén a aplicación efectiva do Real Decreto 893/2024, que recolle obrigas en materia de prevención de riscos: avaliacións presenciais dos fogares, recoñecementos médicos periódicos, descansos regulados e protocolos contra o acoso. PSdeG- A deputada socialista Silvia Longueira vén de rexistrar no Parlamento galego …

O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta unha reforma integral dos tres centros educativos públicos de Betanzos

Julio Abalde esixiu que se planifiquen as actuacións para arranxar tanto os edificios principais coma os polideportivos e que eses traballos se doten das contías económicas necesarias O Grupo Socialista no Parlamento galego reclamoulle hoxe á Xunta, a través dunha proposición non de lei, fondos para acometer unha reforma integral dos tres centros educativos públicos …

O Parlamento aproba unha proposta do Grupo Socialista para emprazar á Xunta e ao Concello de Oleiros a que acorden a mellora da seguridade na estrada que cruza O Couto

–Julio Abalde reclama que “deixen de utilizar aos veciños e veciñas como arma arreboladiza” e acorden unha solución que “non é nin excesivamente custosa nin difícil” A Comisión de Obras Públicas do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para emprazar á Xunta e ao Concello de Oleiros …

O Grupo Parlamentario Socialista acusa ao PP de bloquear a dragaxe do porto de Lorbé -Oleiros-

–Julio Abalde advirte que a perda de calado inhabilita boa parte do porto e a intervención é “imprescindible para garantir a actividade da flota pesqueira” O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, acusou hoxe ao PP de bloquear a dragaxe do porto pesqueiro de Lorbé, en Oleiros, para retirar os áridos e sedimentos …

O Grupo Parlamentario Socialista esixe a inmediata rehabilitación dos institutos de Betanzos, que o PP xa prometeu como “inminente” en 2023

Silvia Longueira denunciou no Parlamento a “utilización política” dun problema que padecen as nenas e os nenos, e advertiu que o municipio betanceiro “ten veciños e veciñas de primeira división, igual que os de outros concellos” Criticou o “estado lamentable” do CEIP Francisco Vales Villamarín e dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas, provocado polo …