Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Infraestruturas

Silvia Longueira denuncia que os orzamentos da Xunta para as comarcas do Interior Coruñés son “cantidades ridículas ou prácticamente inexistentes”

A parlamentaria socialista Silvia Longueira denuncia que os orzamentos da Xunta de Galicia para 2026 nas comarcas do interior da provincia da Coruña son “cantidades ridículas ou practicamente inexistentes”. Por unha banda, a deputada no Parlamento de Galicia criticou que a Xunta vaia destinar “apenas 200.000 euros para que Ordes, Frades e Tordoia poidan mellorar …

Patricia Iglesias critica que os orzamentos da Xunta para a comarca da Barbanza son “enteiramente decepcionantes, raquiticos e regresivos”

A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey lamentou que os orzamentos da Xunta para 2026 “son enteiramente decepcionantes, raquíticos e regresivos” para a comarca do Barbanza. A parlamentaria sinalou que “falaba onte o señor Corgos, conselleiro de Facenda e Administración Pública, de que son uns orzamentos que se incrementan un 2%, pero nin …

Patricia Iglesias lamenta que os orzamentos da Xunta “inclúen os compromisos de sempre coa Costa da Morte e Bergantiños que logo non se executan”

A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey lamentou que os orzamentos da Xunta para 2026 “inclúen os compromisos de sempre coa Costa da Morte e Bergantiños que logo non se executan”, e calificounos de “raquíticos e deceptionantes” para estas comarcas. A parlamentaria sinala que estas promesas “son incumpridas ano tras ano desde que …

O PSdeG leva ao Parlamento unha batería de iniciativas para esixir á Xunta solucións urxentes ante o novo desprendemento no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

O PSdeG-PSOE anunciou hoxe o rexistro dunha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar á Xunta de Galicia medidas inmediatas que garantan a seguridade no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, despois do novo desprendemento de falsos teitos nas súas instalacións, o segundo en apenas dous meses. Os socialistas consideran que este novo incidente volta poñer de …

O PSdeG de Coristanco critica a improvisación e o engano do goberno do PP

O PSdeG de Coristanco critica con dureza a forma de actuar do goberno municipal do Partido Popular, que vén de convocar un pleno extraordinario “con présa e sen planificación” unicamente para tapar un requirimento da Deputación da Coruña e incluír un proxecto “amañado e fóra de tempo” que non resolve os problemas reais da parroquia …

O PSOE de Cerdido denuncia o “estado de abandono” das inmediacións do campo de fútbol e o CEIP da Barqueira

O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia o “estado de abandono” no que se atopan as inmediacións do campo de fútbol municipal Bernardino Breijo e o CEIP da Barqueira.  En palabras do voceiro socialista local Brais Prieto, “o estado da contorna do campo de fútbol da Barqueira e do colexio súmase ao estado de abandono xeral en …

O PSOE de Bergondo celebra que Patrimonio permita a eliminación do punto negro de Villa Julia “tras máis de 20 anos de espera”

O PSdeG-PSOE de Bergondo celebra a recente autorización por parte da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para executar o proxecto de ensanche da estrada DP-0810 en San Paio, na parroquia de Guísamo. Esta infraestrutura permitirá eliminar o punto negro de Villa Julia. A alcaldesa socialista e vicesecretaria xeral do PSdeG Provincial, Alejandra …

O PSOE da Laracha reclama novas beirarrúas nos accesos ao campo de fútbol municipal, o CEIP Ramón Otero Pedrayo e a Casa da Cultura

O PSdeG-PSOE da Laracha presentará no pleno municipal unha moción para reclamar a dotación de novas beirarrúas nas contornas do campo de fútbol municipal, o CEIP Ramón Otero Pedrayo e a Casa da Cultura. “Cada día son moitos os nenos e nenas que se desprazan a estes espazos, pois son clave para a vida educativa, …

O Grupo Socialista da Laracha denuncia o estado de abandono do Centro Sociocultural da Insua de Caión e reclama a súa recuperación inmediata

– A voceira socialista Inés Ramos critica a falta de uso das instalacións municipais e esixe horarios amplos e unha programación estable para a veciñanza O Grupo Municipal Socialista de A Laracha denuncia o estado de abandono e desuso no que se atopa o Centro Sociocultural da Insua en Caión, un espazo público “que podería …

O PSdeG de Malpica critica a falta de diálogo do goberno local e mostra a súa sorpresa pola abstención do BNG ante a proposta de negociar entre todos os grupos o POS da Deputación

– Os socialistas propuxeron no pleno do pasado xoves adiar a aprobación do POS+ para buscar un acordo entre todos os grupos, pero a proposta foi rexeitada cos votos do PP e a abstención do BNG O grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Malpica lamenta a falta de vontade de diálogo do goberno local …

O PSOE da Laracha propón melloras ambientais e máis participación veciñal no Plan Rural de Montemaior

– O grupo socialista solicita máis garantías ambientais, participación veciñal e transparencia no documento urbanístico, e presenta unha emenda con catro medidas concretas. O Grupo Municipal Socialista da Laracha defendeu hoxe no Pleno municipal unha postura crítica pero construtiva ante o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións no Medio Rural en Montemaior. A formación socialista …

O PSdeG-PSOE de Zas logra o apoio unánime do pleno para reclamar a finalización da autovía da Costa a Morte e a supresión das peaxes da AG-55

– A iniciativa, presentada pola concelleira socialista Sheila Rial, solicita á Xunta de Galicia retomar o proxecto completo, redactar o tramo ata Cee e eliminar os peaxes, despois de dúas décadas de retrasos. A concelleira do Partido Socialista en Zas, Sheila Rial, presentou este venres na sesión do pleno ordinario correspondente ao mes de xullo, …

O PSOE de Coristanco reclama a eliminación do antigo depósito de auga no Outeiro, “tal e como prometeu o alcalde”

-A veciñanza trasladou ao voceiro socialista José Manuel Pérez Abelenda numerosas queixas ante un depósito obsoleto que representa un risco para a saúde pública e o medio ambiente O PSdeG-PSOE de Coristanco solicita a eliminación do antigo depósito de auga no Outeiro, ubicado na parroquia da Agualada, “tal e como lle prometeu o alcalde Juan …

O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta unha reforma integral dos tres centros educativos públicos de Betanzos

Julio Abalde esixiu que se planifiquen as actuacións para arranxar tanto os edificios principais coma os polideportivos e que eses traballos se doten das contías económicas necesarias O Grupo Socialista no Parlamento galego reclamoulle hoxe á Xunta, a través dunha proposición non de lei, fondos para acometer unha reforma integral dos tres centros educativos públicos …

O PSOE de Coristanco reúnese coa Deputación para pedir melloras nas estradas provinciais do municipio

– O voceiro local José Manuel Pérez Abelenda, tivo unha xuntanza co presidente da institución, Valentín González Formoso, para abordar a situación da DP-1910 e a DP-1911 -Amosou o seu rexeitamento á intención do alcalde de solicitar a cesión da DP-1910 ao Concello: “Sería unha auténtica hipoteca para Coristanco” O O PSOE de Coristanco reúnese …