Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Infraestruturas

O PSdeG esixe á Xunta que adopte as medidas para restablecer o servizo de TV e telefonía nas parroquias de Covas e Esmelle

O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para esixírlle á Xunta de Galicia que tome as medidas necesarias para restablecer o servizo de televisión e telefonía nas parroquias ferrolás de Covas e Esmelle. “Esta semana volvemos ver como a Xunta de Rueda volve facer omisión das súas propias funcións e deixa …

O PSdeG reclámalle á Xunta unha mellora integral da AC455 en Val do Dubra e un trazado alternativo

O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia que a Xunta leve a cabo unha mellora integral na AC-455 ao seu paso por Val do Dubra e estableza tamén un trazado alternativo para liberar da sobrecarga de tráfico o tramo da ponte sobre o río Dubra. O parlamentario socialista Aitor Bouza sinala que na súa visita …

O PSdeG reclamará no Parlamento Galego un instituto para Valdoviño

O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia que Valdoviño conte cun instituto, para o que presentarán unha emenda aos orzamentos da Xunta para 2026 e unha batería de iniciativas coa que pretenden que o Partido Popular se posicione ante esta cuestión. O alcalde socialista de Valdoviño, Alberto González, explica que a poboación do municipio está …

Besteiro ve nos “investimentos minguantes” do CHUAC o exemplo duns orzamentos galegos “absolutamente insuficientes” en toda a provincia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou hoxe os “investimentos minguantes” para as obras do novo Hospital Universitario da Coruña como exemplo do que representa para toda a provincia o proxecto de Orzamentos da Xunta. O tamén portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia advertiu que os traballos no complexo hospitalario …

Besteiro, sobre o traspaso da AP-9: “Que Rueda diga publicamente que, se asume a titularidade da autoestrada, temos garantida a gratuidade”

“Que Rueda diga publicamente que, se asume a titularidade da AP-9, temos garantida a gratuidade”. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro reclamou así hoxe o compromiso do presidente da Xunta para que os usuarios e usuarias da Autoestrada do Atlántico gocen dunha vía libre de peaxes cando esta se transfira á comunidade …

Silvia Longueira califica de “decepcionantes” os orzamentos da Xunta para as comarcas da Coruña e Betanzos, “sen apenas investimentos directos”

A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira califica de “decepcionantes” os orzamentos de 2026 anunciados pola Xunta para as comarcas da Coruña e Betanzos, “sen apenas investimentos directos” na zona. Para a comarca da Coruña, Longueira sinala que unicamente hai investimentos “para o saneamento e abastecemento das augas, que ademais é unha das demandas …

Aitor Bouza alerta de que os orzamentos da Xunta de Galicia 2026 “desprazan ás comarcas de Ferrolterra e Ortegal”

O deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza lamentou que os orzamentos da Xunta para 2026 “volven desprezar absolutamente as comarcas de Ferrolterra e Ortegal”, cunhas contas que cualificou de “raquíticas, decepcionantes e discriminatorias” para esta zona. Bouza asegurou que, coñecidos os orzamentos da Xunta, “o único que crece neste país son os demandantes de …

Silvia Longueira denuncia que os orzamentos da Xunta para as comarcas do Interior Coruñés son “cantidades ridículas ou prácticamente inexistentes”

A parlamentaria socialista Silvia Longueira denuncia que os orzamentos da Xunta de Galicia para 2026 nas comarcas do interior da provincia da Coruña son “cantidades ridículas ou practicamente inexistentes”. Por unha banda, a deputada no Parlamento de Galicia criticou que a Xunta vaia destinar “apenas 200.000 euros para que Ordes, Frades e Tordoia poidan mellorar …

Patricia Iglesias critica que os orzamentos da Xunta para a comarca da Barbanza son “enteiramente decepcionantes, raquiticos e regresivos”

A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey lamentou que os orzamentos da Xunta para 2026 “son enteiramente decepcionantes, raquíticos e regresivos” para a comarca do Barbanza. A parlamentaria sinalou que “falaba onte o señor Corgos, conselleiro de Facenda e Administración Pública, de que son uns orzamentos que se incrementan un 2%, pero nin …

Patricia Iglesias lamenta que os orzamentos da Xunta “inclúen os compromisos de sempre coa Costa da Morte e Bergantiños que logo non se executan”

A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey lamentou que os orzamentos da Xunta para 2026 “inclúen os compromisos de sempre coa Costa da Morte e Bergantiños que logo non se executan”, e calificounos de “raquíticos e deceptionantes” para estas comarcas. A parlamentaria sinala que estas promesas “son incumpridas ano tras ano desde que …

O PSdeG leva ao Parlamento unha batería de iniciativas para esixir á Xunta solucións urxentes ante o novo desprendemento no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

O PSdeG-PSOE anunciou hoxe o rexistro dunha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar á Xunta de Galicia medidas inmediatas que garantan a seguridade no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, despois do novo desprendemento de falsos teitos nas súas instalacións, o segundo en apenas dous meses. Os socialistas consideran que este novo incidente volta poñer de …

O PSdeG de Coristanco critica a improvisación e o engano do goberno do PP

O PSdeG de Coristanco critica con dureza a forma de actuar do goberno municipal do Partido Popular, que vén de convocar un pleno extraordinario “con présa e sen planificación” unicamente para tapar un requirimento da Deputación da Coruña e incluír un proxecto “amañado e fóra de tempo” que non resolve os problemas reais da parroquia …

O PSOE de Cerdido denuncia o “estado de abandono” das inmediacións do campo de fútbol e o CEIP da Barqueira

O PSdeG-PSOE de Cerdido denuncia o “estado de abandono” no que se atopan as inmediacións do campo de fútbol municipal Bernardino Breijo e o CEIP da Barqueira.  En palabras do voceiro socialista local Brais Prieto, “o estado da contorna do campo de fútbol da Barqueira e do colexio súmase ao estado de abandono xeral en …

O PSOE de Bergondo celebra que Patrimonio permita a eliminación do punto negro de Villa Julia “tras máis de 20 anos de espera”

O PSdeG-PSOE de Bergondo celebra a recente autorización por parte da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para executar o proxecto de ensanche da estrada DP-0810 en San Paio, na parroquia de Guísamo. Esta infraestrutura permitirá eliminar o punto negro de Villa Julia. A alcaldesa socialista e vicesecretaria xeral do PSdeG Provincial, Alejandra …

O PSOE da Laracha reclama novas beirarrúas nos accesos ao campo de fútbol municipal, o CEIP Ramón Otero Pedrayo e a Casa da Cultura

O PSdeG-PSOE da Laracha presentará no pleno municipal unha moción para reclamar a dotación de novas beirarrúas nas contornas do campo de fútbol municipal, o CEIP Ramón Otero Pedrayo e a Casa da Cultura. “Cada día son moitos os nenos e nenas que se desprazan a estes espazos, pois son clave para a vida educativa, …