Tag: Deputación
O PSOE de Irixoa celebra a luz verde da Deputación á ampliación da estrada entre Adragonte e Vilamateo unha actuación “reiteradamente demandada” polos socialistas
O PSOE de Irixoa celebrou a publicación no Boletín Oficial da Provincia da aprobación definitiva do proxecto de ampliación e mellora da estrada da Deputación da Coruña DP-3903, entre Adragonte e Vilamateo por Ambroa, unha actuación que os socialistas levan anos reclamando pola súa importancia para a seguridade viaria no municipio. Dende a agrupación local …
O PSdeG de Lousame celebra o convenio de 204.000€ da Deputación para renovar o céspede artificial do campo de Cabanetán
O PSdeG-PSOE de Lousame celebra a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación da Coruña, mediante o cal a institución provincial financiará o 80% dos 204.000€ que custará renovar o céspede artificial do campo de fútbol municipal de Cabanetán. A Deputación achegará un total de 163.824,91 euros para substituír o actual …
O PSdeG considera que a folga de transporte na provincia “agravará o caos dos buses” e esixe á Xunta que se implique na resolución do conflito
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña reclámalle á Xunta que se implique no conflito laboral para evitar que se prolongue a folga de transporte por autobús na provincia. Dende o Partido Socialista responsabilizan da situación ao Goberno galego e en particular a Diego Calvo e Ethel Vázquez, logo de “poñer o sector en mans de grandes …
O PSOE da Laracha denuncia que o concello “agocha a información sobre o amianto” que podería haber nas tuberías do municipio
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia a “opacidade” do Concello respecto da posible presenza de amianto nas tiberías de fibrocemento das redes de abastecemento e saneamento da localidade, algo que provocou “un tirón de orellas da valedora do pobo”. A voceira socialista local Inés Ramos López realiza unha valoración negativa do exposto polo grupo de goberno …
O PSOE da Laracha critica que o concello empregue 21.000€ da Deputación para mercar mesas e cadeiras
O PSdeG-PSOE da Laracha critica que o o Concello vaia gastar, cos fondos de carácter social da Deputación da Coruña, 21.000 euros na compra de mesas e cadeiras. O gasto enmarcaríase dentro do Plan Único de Obras e Servizos da Deputación. Inés Ramos, portavoz do Grupo Municipal Socialista, considera “unha falta de acción política e …
O PSOE de Mañón rexeita a especulación urbanística na antiga base americana de Estaca de Bares e defende a súa recuperación para usos públicos patrimoniais
O PSOE de Mañón alerta sobre o risco de especulación urbanística na antiga base militar estadounidense de Estaca de Bares, un espazo de titularidade municipal, de enorme valor histórico, patrimonial e natural, que debe ser recuperado para usos públicos e non convertido nun proxecto privado de carácter lucrativo. Os socialistas lembran que o pasado 28 …
O PSOE vota en contra dos orzamentos de Lousame ante a falta de investimentos propios, que supoñen só “un 4% do orzamento”
O PSdeG de Lousame vota en contra dos orzamentos para o ano 2026 no municipio ante a falta de investimentos propios: “O noso municipio precisa dunhas contas que aposten polo territorio e o dinamicen, que permitan avances e que non os fagan depender do que se decide noutras instancias”. O voceiro socialista local, Juan José Prego Ces, destacou en primeiro lugar que “a contía dos orzamentos, que se presentan como os máis altos da historia do municipio, non é froito da boa xestión do goberno municipal, senón do …
O PSOE de Frades reúnese coa Deputación e anuncia o seu compromiso de iniciar as obras da senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo
O PSOE de Frades logra o compromiso da Deputación para iniciar as obras da senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo “coa maior brevidade posible”. As expropiacións xa están completadas e o orzamento xa está consignado, faltando só o sondeo arqueolóxico. Así informaron os membros do Grupo Municipal Socialista en Frades, Enrique Astray e Lucía …
O PSdeG de Cariño reclama que se empreguen os fondos da Deputación para adquirir un novo camión do lixo e material para o SAF
O PSdeG-PSOE de Cariño presenta ao goberno local unha proposta para que se empreguen os fondos asignados ao Concello pola Deputación da Coruña no POS+2026 para adquirir un novo camión compactador para a recollida de lixo, así como novo material para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Dende o Grupo Municipal Socialista sinalan que …
O PSdeG de Cariño organiza unha xuntanza informativa sobre as axudas da Deputación para asociacións e outras entidades
O PSdeG-PSOE de Cariño organiza mañá, martes 2 de decembro, unha xuntanza informativa sobre as liñas xerais e as novidades das axudas da Deputación da Coruña para o ano 2026. Terá lugar ás 20:30 no local social da Casa do Concello, situado na avenida da Paz e conta coa colaboración do Grupo Provincial Socialista. Participará …
O Pleno de Mañón aproba a moción do PSOE para que a base militar de Estaca de Bares pase a mans da Deputación
O pleno de Mañón aprobou unha moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE para solicitar ao Concello a cesión á Deputación da Coruña dos terreos e restos da antiga base militar estadounidense de Estaca de Bares, co obxectivo de incluír este enclave no Plan de Recuperación e Posta en Valor das Baterías de Costa de Ferrolterra …
O PSdeG de Lousame celebra que a Deputación aprobe o convenio de cooperación co concello para a renovación do céspede do campo de fútbol
O PSdeG-PSOE de Lousame celebra a aprobación por parte do pleno da Deputación da Coruña do convenio de cooperación entre esta institución e o Concello de Lousame para a renovación do céspede artificial do campo de fútbol municipal de Cabanetán. O voceiro socialista local Juan José Prego Ces sinala que a achega provincial de 163.824,91€ …
O PSdeG de Zas organiza unha xornada formativa sobre as novas oportunidades de financiamento da Deputación da Coruña
A Agrupación Local do PSdeG de Zas celebrará este venres 21 de novembro unha xornada informativa na Casa do Pobo de Zas para dar a coñecer as novas liñas de financiamento e subvencións da Deputación da Coruña. A actividade terá lugar ás 19.30 horas, en primeira convocatoria, na Casa do Pobo, situada na Rúa Agra …
O PSOE da Laracha denuncia o estado da pista de skate do municipio
A pista de skate da Laracha presenta acumulacións de auga nos días de choiva, impedindo o seu uso e xerando dificultades para a práctica deportiva. Segundo o Grupo Socialista, esta situación “ten a súa orixe na construción da instalación, cando xa se advertira a ausencia dun sistema de drenaxe axeitado”. A voceira socialista, Inés Ramos, …
O PSdeG de Cabanas reúnese coas asociacións veciñais, culturais e deportivas para falar das novas subvencións da Deputación
O PSdeG-PSOE de Cabanas celebrou unha reunión informativa dirixida ás asociacións veciñais, culturais e deportivas do municipio, co obxectivo de dar a coñecer a nova liña de subvencións da Deputación da Coruña destinada a apoiar as actividades e proxectos deste tipo de entidades. O encontro estivo presentado pola portavoz do grupo municipal socialista, Concepción Rodríguez, …