Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Costa da Morte

O PSdeG esixe á Xunta unha resposta urxente ao deterioro da sanidade na Costa da Morte e Bergantiños

O PSdeG vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha iniciativa para esixir reforzos urxentes na Atención Primaria das comarcas de Bergantiños e da Costa da Morte, ante a situación de deterioro que sofre a sanidade pública nestes territorios. A deputada socialista Patricia Iglesias advertiu de que a realidade diaria da veciñanza é cada vez …

O PSdeG atribúe o avance da base en Cee ao compromiso do Goberno central

O coordinador comarcal do PSdeG-PSOE Costa Atlántica, Jorge Domínguez, valorou o anuncio do Goberno de España sobre a posta en marcha dunha base do Servizo de Vixilancia Aduaneira en Cee, cualificándoo como “unha demostración clara de que existe un Executivo comprometido con Galicia e coa Costa da Morte, que cumpre con feitos fronte a anos …

O PSOE-PSdeG da Costa da Morte denuncia o desmantelamento progresivo da sanidade pública galega e apoia a mobilización de Baio en defensa da atención primaria

O PSdeG-PSOE da Costa da Morte manifesta a súa profunda preocupación polo grave deterioro da sanidade pública galega, consecuencia directa das políticas de recortes e da falta de planificación do Goberno da Xunta de Galicia, presidido por Alfonso Rueda. Neste contexto, os socialistas da comarca confirman a súa participación na concentración convocada en Baio con …

O PSdeG reclama no Parlamento de Galicia melloras para o IES Fernando Blanco de Cee

O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento galego que a Xunta de Galicia arranxe o IES Fernando Blanco de Cee. A deputada Patricia Iglesias visitou o centro xunto á alcaldesa socialista Margot Lamela para coñecer de primeira man o estado do centro. Iglesias definiu o instituto como “un edificio emblemático e tamén emblema da educación pública para …

O PSdeG denuncia dous anos de “abandono” da Xunta coa Costa da Morte e reclama solucións urxentes en transporte, infraestruturas e servizos públicos

O secretario xeral provincial do PSdeG da Coruña, Bernardo Fernández, e a deputada no Parlamento de Galicia Patricia Iglesias denunciaron hoxe en Vimianzo o “abandono” da Xunta de Galicia coa Costa da Morte tras dous anos de goberno de Alfonso Rueda. Nunha rolda de prensa acompañados por representantes socialistas da comarca, advertiron que “os principais …

Patricia Iglesias reclama no Parlamento unha ambulancia medicalizada para a Costa da Morte

O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia unha ambulancia medicalizada para as comarcas da Costa da Morte, considerándoa “esencial e imprescindible para ter unha atención de urxencia e de calidade”. Como indica a parlamentaria socialista Patricia Iglesias, “25 anos, que se di pronto, é o que levan esperando os veciños e as veciñas da Costa …

O PSdeG levará ao Parlamento galego as deficiencias do transporte público por estrada en Bergantiños

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia as deficiencias do transporte público por estrada na comarca de Bergantiños. Anunciouno a parlamentaria socialista Patricia Iglesias Rey nunha rolda de prensa na Estación de Autobuses de Carballo. A deputada orixinaria de Carballo denuncia o que considera “un problema estrutural que ten a Xunta de Galicia co transporte …

O PSdeG denuncia en Dumbría que os Orzamentos para 2026 volven “esquecer” á Costa da Morte

A deputada socialista Patricia Iglesias Rey encabezou hoxe en Dumbría unha rolda de prensa de valoración dos orzamentos da Xunta para 2026, acompañada de alcaldes, alcaldesas e portavoces socialistas da Costa da Morte. Iglesias sostivo que as contas autonómicas “volven esquecer esta comarca tan importante”, e advertiu de que a cidadanía percibe unha discriminación territorial: …

O PSdeG denuncia que a comarca de Bergantiños ten un 21% menos nos Orzamentos da Xunta para 2026 que en 2022

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña lamenta o “abandono” da comarca de Bergantiños nos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2026. O secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro sinalou isto nunha rolda de prensa en Carballo que contou coa participación tamén da parlamentaria socialista Patricia Iglesias e das voceiras e voceiros socialistas dos …

Patricia Iglesias lamenta que os orzamentos da Xunta “inclúen os compromisos de sempre coa Costa da Morte e Bergantiños que logo non se executan”

A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey lamentou que os orzamentos da Xunta para 2026 “inclúen os compromisos de sempre coa Costa da Morte e Bergantiños que logo non se executan”, e calificounos de “raquíticos e deceptionantes” para estas comarcas. A parlamentaria sinala que estas promesas “son incumpridas ano tras ano desde que …

O PSdeG reclama máis medios para o servizo de comedor escolar en Bergantiños e a Costa da Morte

O PSdeG-PSOE reuníuse en Carballo con cociñeiras e cociñeiros do servizo de comedor escolar de Bergantiños e da Costa da Morte, amosando apoio ás súas reivindicacións. Participaron na xuntanza os membros do Parlamento galego Patricia Iglesias Rey e Aitor Bouza, así como Lois Carballido, secretario de educación da executiva provincial, e José Manuel Pérez Abelenda, …

O PSdeG-PSOE de Zas logra o apoio unánime do pleno para reclamar a finalización da autovía da Costa a Morte e a supresión das peaxes da AG-55

– A iniciativa, presentada pola concelleira socialista Sheila Rial, solicita á Xunta de Galicia retomar o proxecto completo, redactar o tramo ata Cee e eliminar os peaxes, despois de dúas décadas de retrasos. A concelleira do Partido Socialista en Zas, Sheila Rial, presentou este venres na sesión do pleno ordinario correspondente ao mes de xullo, …

O PSdeG reclama en Carballo que a AG-55 reciba “as mesmas bonificacións que está a aplicar o Goberno de España na AP-9 e na AP-53”

-A deputada autonómica Patricia Iglesias sinalou que unha persoa que utilice todos os días esta autoestrada gasta “unha media de 130€ a parte da gasolina” ao mes O PSdeG-PSOE reclamou en Carballo que a Xunta de Galicia aplique na AG-55 as mesmas bonificacións que o Estado aplica na AP-53 e na AP-9. Patricia Iglesias Rey, …

O PSOE da Costa da Morte critica que “os orzamentos da Xunta non recollen partidas para rematar a autovía AG-55”

Os socialistas da Costa da Morte consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025, feitos públicos o sábado. “A comarca da Costa da Morte é un ano máis a gran esquecida por parte da Xunta, que ademais afoga aos concellos con competencias impropias”, sostén Patricia Iglesias, deputada responsable da Costa da …