Tag: Coristanco
José Manuel Pérez Abelenda, voceiro do PSOE de Coristanco: “Os orzamentos non responden ás necesidades reais do municipio”
O PSdeG-PSOE de Coristanco realizou unha valoración negativa dos orzamentos municipais aprobados onte no pleno, considerando que “non responden ás necesidades reais do municipio nin establecen unha planificación sólida para o futuro”. Así foi como o expresou o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, en relación á abstención do Grupo Municipal Socialista na votación …
O PSdeG de Coristanco esixe que o alcalde explique as discrepancias nas cifras do orzamento municipal de 2026
O PsdeG-PSOE de Coristanco denuncia discrepancias nas cifras do orzamento municipal de 2026. “Queremos manifestar publicamente a nosa profunda preocupación ante a falta de rigor demostrada polo alcalde en relación co orzamento”, sinala o voceiro socialista José Manuel Pérez Abelenda. Na Comisión Informativa e posteriormente ante os medios de comunicación, o alcalde afirmou que o …
O PSOE de Coristanco pregunta no Pleno pola instalación dunha antena de telefonía na finca dun membro da candidatura do PP
O voceiro socialista en Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, critica a instalación dunha antena de telefonía nunha finca pertencente a un membro da candidatura do PP na localidade. O socialista denuncia que a obra “avanzou sen información pública suficiente e sen diálogo previo coa cidadanía, provocou un malestar crecente que levou a numerosos veciños e …
O PSdeG esixirá no Parlamento analíticas da auga tras a rotura da balsa da mina de Monte Neme
O PSdeG esixirá no Parlamento de Galicia que Augas de Galicia realice analíticas da auga na contorna afectada pola rotura da balsa da mina de Monte Neme, co obxectivo de comprobar se existe contaminación. A demanda baséase en que nesta zona se extraeu volframio no pasado e en que a auga afectada desemboca no mar, …
O PSOE desminte as declaracións do alcalde sobre a auga do Canosa-Rus
Ante a nota de prensa difundida polo alcalde de Coristanco a finais do mes de novembro, dende o PSdeG-PSOE de Coristanco denuncian publicamente que o mandatario municipal falta á verdade, manipula a información e tenta responsabilizar á oposición dunha situación que el mesmo provocou ao negarse a entregar a documentación solicitada a través do rexistro municipal. O voceiro socialista, José Manuel Pérez Abelenda, explica que o goberno municipal leva semanas incumprindo deliberadamente a súa obriga de facilitar os informes oficiais requiridos e as analíticas reclamadas. …
O PSdeG de Coristanco denuncia a negativa do concello a facilitar información sobre o pozo e a auga do CEIP Canosa-Rus
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco “lamenta e denuncia publicamente a actitude do Goberno Municipal, que rexeita entregar a documentación solicitada en relación co pozo situado no CEIP Canosa-Rus, vulnerando o dereito á información e á transparencia que deben rexer a xestión pública”. O grupo socialista solicitou por rexistro a primeiros do mes de novembro …
O PSdeG de Coristanco pide acceso ás analíticas do pozo do CEIP Canosa-Rus tralas queixas pola auga
O voceiro socialista no Concello de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, e a deputada socialista no Parlamento de Galicia, Patricia Iglesias, veñen de solicitar formalmente ao goberno local e á Xunta de Galicia toda a información relativa ás análises realizadas á auga do pozo instalado pola Administración municipal no patio do CEIP Canosa-Rus. O PSdeG-PSOE …
O PSdeG de Coristanco denuncia que “obras municipais sen autorizacións pertinentes” provocaron a inundación da vivenda en Lume de Suso
O PSOE de Coristanco denuncia “obras municipais sen as autorizacións pertinentes” logo de que “as actuacións por parte do goberno municipal na C-552 no lugar de Lume de Suso provocasen a inundación dunha vivenda esta fin de semana pasada”. Así o expresou o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, que se reuniu coa a …
O PSdeG de Coristanco critica a improvisación e o engano do goberno do PP
O PSdeG de Coristanco critica con dureza a forma de actuar do goberno municipal do Partido Popular, que vén de convocar un pleno extraordinario “con présa e sen planificación” unicamente para tapar un requirimento da Deputación da Coruña e incluír un proxecto “amañado e fóra de tempo” que non resolve os problemas reais da parroquia …
O PSOE de Coristanco denuncia a “censura e o veto” do alcalde a propostas sobre seguridade, educación e servizos sociais
O PSdeG-PSOE de Coristanco denuncia “o veto imposto polo alcalde de Coristanco, que impidiu que se debatiran no pleno municipal as tres mocións presentadas polo Grupo Municipal Socialista”. Así o expresou o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, que criticou que “con esta decisión, o Goberno local pecha a porta ao diálogo democrático e …
O PSdeG reclamará no Parlamento de Galicia máis profesorado de Atención Especial nos centros de Bergantiños
O PSdeG-PSOE anuncia que levará ao Parlamento galego as demandas das ANPAs da comarca de Bergantiños, que reclaman entre outras cousas máis profesorado de atención especial. Patricia Iglesias Rey e Aitor Bouza, membros do Parlamento galego, participaron nunha xuntanza en Coristanco coas ANPAs da zona para coñecer mellor a situación. Tamén estiveron nela o voceiro …
O PSOE de Coristanco denuncia o deterioro do Servizo de Axuda no Fogar e presenta unha moción para reclamar solucións inmediatas
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco vén de rexistrar unha moción para o pleno de setembro na que solicita o apoio da Corporación e a adopción de medidas urxentes fronte ao que cualifica como un “grave deterioro” do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O voceiro socialista, José Manuel Pérez Abelenda, sinala que as familias …
O PSOE de Coristanco propón ceder terreos municipais para que a Xunta constrúa unha base para bombeiros forestais
– José Manuel Pérez Abelenda, voceiro socialista local, presenta unha moción no pleno para instar á creación desta base logo de os bombeiros forestais abandonaran o municipio O Grupo Municipal Socialista de Coristanco presenta unha moción no pleno para que o goberno local ceda un terreo municipal coa finalidade de que a Xunta de Galicia …
O PSOE de Coristanco denuncia que o concello “perde aos bombeiros forestais pola deixadez do alcalde”
– José Manuel Pérez Abelenda afirma que “esta decisión por parte do PP pon en risco tanto o patrimonio natural como a tranquilidade dos veciños e veciñas de Coristanco” – “Exiximos ao alcalde que dea explicacións públicas sobre por que se permitiu que a brigada forestal abandonara Coristanco”, sinala o voceiro socialista O PSdeG-PSOE de …
O PSOE de Coristanco alerta sobre o Plan Económico-Financeiro 2025-2026 e critica a xestión do PP
– Os socialistas acusan ao goberno local de ocultar a realidade económica do Concello e advirten de posibles recortes e restricións nos servizos públicos O Grupo Municipal do PSOE de Coristanco denuncia o que considera un “maquillaxe contable” por parte do goberno local do Partido Popular e advirte sobre as consecuencias da presentación dun Plan …