Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: A Coruña

O PSdeG reclama un transporte digno entre A Coruña e Ferrol logo de que numerosas persoas quedaran tiradas nas estacións de autobuses

O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia condicións dignas para a liña de autobús entre A Coruña e Ferrol. Segundo explica o parlamentario socialista Aitor Bouza, “nos últimos días, por desgraza, volvimos ver como usuarios e usuarias do transporte público por estrada quedaban tiradas nas propias estacións”. “Dende o Partido Socialista non imos quedar calados …

O PSdeG denuncia que “non hai a máis mínima regularidade” nas liñas de autobús de Betanzos á Coruña e a Ferrol

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que “non hai a máis mínima regularidade nos horarios nas liñas que aparentemente están en vigor” entre Betanzos e as ciudades da Coruña e Ferrol.  Silvia Longueira, parlamentaria socialista, incide en que “o habitual é chegar a unha parada e esperar máis de media hora, ou non poder …

A deputada socialista Silvia Longueira presentará enmendas aos Orzamentos da Xunta

Lage: “A Xunta reduce en 2026 á metade os orzamentos nos colexios públicos da cidade, pasando de 8 millóns a 4. Teñen moitísimas carencias e a Xunta o único que fai é afondar nese deterioro” A deputada socialista pola Coruña no Parlamento de Galicia, Silvia Longueira, presentou hoxe en Zalaeta a proposta de emendas que …

Presentación do libro “María Vázquez: a mestra socialista eliminada polo franquismo” de Aurora Marco

Terá lugar este xoves día 6 de novembro na Fundación Luís Seoane Esta semana terá lugar na Fundación Luís Seoane a presentación do novo libro de Aurora Marco “María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo”. María Vázquez Suárez dálle nome aos premios de Igualdade do PSdeG-PSOE, que recoñecen a persoas e entidades que traballan …

Silvia Longueira califica de “decepcionantes” os orzamentos da Xunta para as comarcas da Coruña e Betanzos, “sen apenas investimentos directos”

A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira califica de “decepcionantes” os orzamentos de 2026 anunciados pola Xunta para as comarcas da Coruña e Betanzos, “sen apenas investimentos directos” na zona. Para a comarca da Coruña, Longueira sinala que unicamente hai investimentos “para o saneamento e abastecemento das augas, que ademais é unha das demandas …

O PSdeG denuncia a masificación e falla de seguridade nas liñas de autobús Coruña-Betanzos e Betanzos-Miño

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña manifesta a súa “profunda preocupación ante a deterioración do servizo de transporte metropolitano en varias liñas clave da área coruñesa, especialmente Coruña-Betanzos e Miño-Betanzos, onde nos últimos días se rexistraron situacións de masificación extrema”.  Así o sinalou a deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira, que afirmou que, segundo denuncian …

Silvia Longueira acusa á Xunta de “non defender fondos e parcelas públicas” ante o risco de non perder 10 millóns de euros en Xuxán

A deputada socialista no Parlamento galego, Silvia Longueira, acompañada polo eurodeputado Nicolás González Casares, mantivo un encontro cos cooperativistas de Xuxán para analizar a situación do proxecto das 214 vivendas de alugueiro social e o risco de perder 10 millóns de euros en fondos Next Generation debido aos atrasos na súa execución. Galivivienda, sociedade cooperativa …

O Grupo Parlamentario Socialista sinala que a Xunta “ten un merecumbé montado” co proxecto de vivendas de alugueiro social de Xuxán

A parlamentaria socialista Silvia Longueira apuntou hoxe que a Xunta “ten un merecumbé montado coa xestora de Galivivienda, Gesvieco e o arquitecto” das vivendas de alugueiro social de Xuxán. Longueira presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que lle reclamou á conselleira de Vivenda que “faga o seu traballo” para protexer aos cooperativistas …

O PSdeG denuncia que os cooperativistas de Xuxán están ao límite e urxe a Rueda que paralice a chantaxe da xestora e garanta os prezos sociais das vivendas

–Silvia Longueira e Julio Abalde advertiron que se o presidente galego non actúa antes do venres, “será cómplice” dunha operación urbanística opaca que se está a desenvolver en parcelas da Xunta. –Os deputados, que acudiron ao novo barrio na compaña do concelleiro de Urbanismo coruñés e de afectados, esixirán explicacións no Parlamento sobre os máis …

O PSdeG provincial celebra que a eliminación do bypass de Betanzos permitirá “a conexión directa do trazado ferroviario da Coruña con Ferrol”

-O secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro destaca que “o Goberno de España dá un paso máis alá con este investimento que supera os 28,5 millóns de euros” O PSdeG-Provincial celebra o anuncio da eliminación do bypass de Betanzos, “que vai permitir a conexión directa do trazado ferroviario da Coruña con Ferrol”. Así o expresou …