Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Silvia Longueira reclama novas prazas públicas para os centros de día e residencias de Oleiros

  • A parlamentaria socialista apunta que o ratio de prazas existente é moi inferior ao mínimo e mais ao recomendado pola OMS

O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento galego que a Xunta de Galicia cree novas prazas públicas en centros de día e residencias no municipio de Oleiros. A deputada socialista Silvia Longueira lembra que Oleiros “é un concello de 40.000 habitantes que ten unha ratio inferior ao 1/100 de prazas en centros de día ou en residencias”.

Longueira sinala que esta ratio está “moi afastada dese 5 por cada 100 que recomenda a Organización Mundial da Saúde, é tamén afastada dese mínimo exixible para as poboacións que vai ao 2 por 100”.

“Por este motivo, o Grupo Parlamentario Socialista presenta unha serie de iniciativas onde se solicita a creación de prazas públicas para un concello que é dos máis populosos de Galicia e dos que máis está a crecer en poboación”, conclúe.

A proposición non de lei rexistrada polo grupo socialista destaca que Oleiros dispón dun único centro de día público, As Galeras, que ofrece 60 prazas, mentres que o resto son concertados ou de asociacións. As Galeras conta cunha lista de espera de 15 persoas.

Afirman que “para cumprir con unha cobertura ideal de prazas 100 % públicas,

Oleiros debería ter entre 2 e 3 centros públicos de tamaño similar ao de Galeras”, tendo en conta ademais o envellecemento da poboación.

A proposición insta á Xunta a realizar un estudo técnico actualizado sobre as necesidades de prazas no municipio, incrementar de xeito inmediato o seu número e garantir o mantemento e a calidade do servizo.


Silvia Longueira – residencias Oleiros – mar26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes