Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Silvia Longueira reclama no Parlamento galego máis aulas e persoal para o CEIP de Teixeiro

  • A deputada socialista sinala que o aumento de poboación na vila fai que o centro estea ateigado

O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta de Galicia máis aulas e persoal para o CEIP de Teixeiro, no municipio de Curtis, ante o incremento da poboación desta vila.

A deputada autonómica Silvia Longueira sinala que este incremento xera “un curioso problema que podería ser unha boa noticia” pero que fai que o centro estea “absolutamente ateigado, e pode que o próximo curso ás aulas non sexan suficientes”.

Longueira lembra que o PSdeG-PSOE leva tempo reclamando este aumento de aulas e persoal, pero “a día de hoxe non dan ningún resultado” as peticións.

“Ademais de incrementar aulas, fai falta tamén incrementar persoal nos comedores e reparar outra serie de fallos, como humidades e pingueiras que están afectando ao CEIP e que sería bo ter reparado”, engade a socialista.

O grupo parlamentario presentará unha iniciativa que explica que o colexio pasou de 137 alumnos en 2016 á 205 alumnos no ano 2026, incrmentándose un 45 por cento o alumnado en pouco máis dunha década. Ademais, o servizo de comedor ten que dar servicio a 166 usuarios mentres que no ano 2014 eran 80, un incremento de máis do cen por cen.

Por isto, a iniciativa pregunta cal é o baremo e as directrices que segue o Goberno da Xunta de Galicia para aumentar ou complementar infraestructuras de colexios que nos últimos cinco anos rebasaron en máis dun 50 por cento o número de alumnos e alumnas.

Tamén pregunta cando ten previsto a Consellería de Educación acometer as reformas necesarias no CEIP de Teixeiro, e insta á Xunta a realizar de urxencia as reformas necesarias para corrixir as pingueiras e humidades.

Tamén insta a realizar para o próximo curso un plan de ampliación de aulas e dotación de persoal de axuda ao comedor para o CEIP.


Silvia Longueira – CEIP Teixeiro – abr26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes