Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Os socialistas de Zas piden que se facilite de forma previa e por vía electrónica a documentación dos plenos”

-“O BNG oponse a unha demanda coa que só queremos estudiar e preparar os temas, co único obxectivo de defender os intereses dos veciños”, explica Sheila Rial


O PSdeG de Zas levou ó ultimo pleno municipal unha moción sobre a documentación das sesións plenarias onde se pedía que “esa documentación, a relacionada coa orde do día das sesións plenarias, se facilitase as e aos concelleiras e concelleiros por vía electrónica, tal e como se fai coa notificación para a celebración de ditas sesións”.

“O motivo desta petición é simple. Ter o acceso a documentación e ir con uso de razón e con responsabilidade aos plenos municipais, onde se defenden os intereses veciñais, tendo estudiada a documentación que se vai tratar e polo tanto tendo unha maior consciencia das votacións, levándoas xa reflexionadas e pensando sempre nos intereses e no ben da veciñanza”, sostén Sheila Rial, portavoz dos socialistas de Zas.

Está moción non saíu adiante cos votos en contra do BNG, algo ao que o PSdeG de Zas xa se acostumou, “posto que no que vai de lexislatura non votaron nin unha soa vez a favor do presentado por este partido”. Nesta ocasión a moción contou cos votos a favor do PP e do PSdeG.

O PSdeG pediu só a documentación do pleno, “iso é do que se trataba, da documentación das sesións plenarias, da orde do día, entendendo que documentación e licitacións que non sexan de incumbencia do pleno haxa que ir alí a velas”.

“O BNG escusase na lei de protección de datos e que a moción non se podría aprobar así, pero nin a emendou, simplemente votou en contra escusándose na lei de protección de datos, que por certo esa lei é de cumplimento para todas e todos os concelleiros da corporación, para os 11, non só para o goberno”, engade Rial.

“Escusase tamén en que temos uns dereitos de ir ver a documentación ó concello, pero sexamos realistas. Enviase a notificación nun prazo de 48 horas antes da sesión e nese prazo é imposible pedir uha cita, que cha den e ir ver a documentación. Escusase en que podemos ir antes do pleno, de verdade se pode estudar os intereses de Zas xusto antes do pleno?”, pregúntase o PSdeG.

“Dende o PSdeG volveremos a levar a moción, desta volta pola vía ordinaria e non de urxencia, para así ‘facilitar’ que o BNG a poida estudar ben, porque quizás non a estudou correctamente”, apunta Sheia Rial.

“Seguiremos loitando por unha maior transparencia”, remata a portavoz dos socialistas de Zas.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes