Os socialistas de Teo lémbranlle á alcaldesa “que a Deputación da Coruña aporta ao concello o cuádruple que na etapa de Diego Calvo”
-“As obras da variante de Cacheiras finalizaranse en tempo pero executaranse correctamente, como é habitual na Deputación”, explica Mayte Argibay
-““Pasamos de percibir 367.665 euros en 2015 a 1.404.000 euros en 2025”, sinala a voceira socialista local
O Grupo Municipal Socialista de Teo asegura que “as aportacións ao Concello de Teo por parte da Deputación da Coruña, dende que está ao frente Valentín González Formoso, cuadriplicou o aportado pola institución provincial cando estaban o PP e Diego Calvo ao fronte”.
O PSOE quere desta forma contestar ás declaracións feitas pola alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, solicitando melloras á Deputación nas estradas do noso concello, “porque falta á verdade en moitas das súas afirmacións”.
“Pasamos de percibir 367.665 euros en 2015 a 1.404.000 euros en 2025. Unha diferenza considerable que é posible gracias ao reparto equitativo dos fondos provinciais que se está levando a cabo dende que este organismo está liderado por González Formoso”, afirma Mayte Argibay, portavoz dos socialistas de Teo.
“Gran parte das obras que se están a levar a cabo no noso Concello están financiadas en gracias aos plans POS da Deputación, e non podemos decir o mesmo da Xunta de Galicia”, engade.
Respecto á paralización das obras na variante de Cacheiras, “o que debería facer a señora Calvo, en vez de pasearse cun deputado do PP que nada aporta ao noso Concello mais que unha foto puntual, é terse dirixido ao Servizo de Vías e Obras da Deputación para preguntar o motivo da paralización das obras, que non é outro que a espera de que se retiren uns postes de electricidade que quedarían dentro do trazado da obra”, explica Argibay.
“Está claro que a día de hoxe no Concello de Teo non teñen esta forma de traballar, tal e como se pode ver no asfaltado na parte posterior do CEIP da Ramallosa, onde quedou un poste integrado no mesmo”, engade.
“Segundo nos informan na Deputación, as obras da variante de Cacheiras, que se iniciaron a finais de agosto, e teñen un prazo de execución de oito meses, finalizaranse en tempo, pero executaranse como é habitual neste organismo correctamente para beneficio da veciñanza. De nada sirve facer as obras correndo para sacar a foto e deixalas mal executadas”, remata.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS