Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Os socialistas de Cerdido lembran que “o alcalde prometeu que a piscina municipal estaría aberta hai xa case un ano”

Os socialistas de Cerdido critican que o alcalde do PP, Alberto Rey, “demostra de novo a súa falta de palabra coas obras da piscina municipal”.

“En agosto de 2023 dixo que en setembro comezaría a obra para ter a piscina en funcionamento a principios deste ano”, asegura Brais Prieto, portavoz do PSdeG en Cerdido.

“Lamentamos o retraso nas obras dunhas instalacións tan demandadas polos veciños”, engade.

Os socialistas piden ao alcalde “máis seriedade á hora de falar de anuncios e prazos de proxectos e actuacións”.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes