Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Os socialistas da Laracha esixen explicacións “sobre a empresa externa contratada polo concello para a nova RPT, da que non sabemos nada”

Os socialistas da Laracha piden ao concello que explique en que situación está a nova Relación de Postos de Traballo (RPT) pendente desde hai anos.


“No ano 2022, o equipo de goberno decidiu adxudicar a elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT) a unha empresa privada externa ao Concello. A pesar do tempo transcorrido e do custo que isto implica para as arcas públicas, a día de hoxe seguimos sen contar cunha nova RPT”, sostén Inés Ramos, portavoz socialista.

O PSOE pide ao goberno local “que aclare se, ao marxe das mesas de negociación, algún funcionario do concello está a participar de forma directa na elaboración da RPT”.

“En caso afirmativo, queremos saber que tarefas ou responsabilidades específicas se lle encomendaron e baixo que criterios se determinou a súa participación”, engaden os socialistas.

“O concello necesita a nova RPT e pedimos ao concello claridade e transparencia”, remata Inés Ramos.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes