Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE denuncia que o concello de Abegondo acumula 25 obras do Plan Único sen executar dende o ano 2020

-Jairo Bello denuncia “catro anos de parálise” e advirte que o 30 de novembro os veciños de Abegondo perderán os proxectos do 2020 non realizados “ao esgotarse as prórrogas legais”

-As 25 obras sen executar, que suman un investimento superior aos 1,5 millóns de euros, están incluídas nos POS de 2020, 2021, 2022, 2023 e 2024


O balance da xestión do Concello de Abegondo nos últimos catro anos resúmese dunha forma contundente: “Das 26 obras incluídas desde 2020 no Plan Único da Deputación da Coruña, o alcalde José Antonio Santiso Miramontes só executou unha”, afirma Jairo Bello, portavoz dos socialistas de Abegondo.

“A situación reflicte a deixadez e a ausencia de xestión municipal por parte do alcalde do PP, catro anos de parálise nos que os perxudicados son os veciños e veciñas de Abegondo”, asegura o PSOE.

Das 26 obras incluídas no POS da Deputación da Coruña desde o ano 2020, o Concello de Abegondo só executou a mellora da rede de saneamento en Ardexurxo, é dicir, 118.772 euros dos 1.659.462,98 consignados pola institución provincial.

“O 30 de novembro, os veciños de Abegondo perderán os proxectos do 2020 non executados ao rematarse o prazo legal das prórrogas”, lembra Jairo Bello, “uns cartos xa consignados para mellorar os servizos públicos do concello”.

Entre as obras non executadas, está a reparación de camiños nas parroquias de Limiñon, Cos e Crendes; Abegondo, Orto e Crendes; Presedo, Viós e Vilacoba; camiño de Xuanzo a Figueiras; Mabegondo; Sarandós; Cerneda; Montouto, Folgoso, e Vizoño.

Tampouco se fixo a rede de saneamento en Bordelle, Sarandós e Abegondo; a instalación das redes de abastecemento e saneamento no Asadiño, ou a humanización da zona de San Marcos.

Adxuntamos o listado completo de obras non executadas:

POS 2020

-Reparación de camiños nas parroquias de Limiñón, Cos e Crendes (74.347,29 euros)

-Reparación de camiños nas parroquias de Abegondo, Orto e Crendes (59.611,46 euros)

-Reparación de camiños nas parroquias de Presedo, Viós e Vilacoba (48.429,58 euros)

-Reparación do camiño de Xuanzo a Figueiras (56.971 euros)

POS 2021

-Reparación de camiños na parroquia de Mabegondo (41.083,95 euros)

-Reparación de camiños na parroquia de Sarandos (41.105,54 euros)

-Reparación de camiños nas parroquias Mabegondo e Cerneda 50.516,37 euros.

-Rede de saneamento en Bordelle, Sarandós e Abegondo (126.162,65 euros).

-Reparación de camiños nas parroquias Montouto, Folgoso e Vizoño (30.270,92 euros)

-Reparación de camiños nas parroquia de Folgoso e Vizoño (31.121,49 euros)

-Reparación do camiño de O Rueiro á Cruz da Beira, Sarandós (82.296,30 euros)

-Humanización de rúas en San Marcos (116.936,45 euros)

POS 2022

-Reparación de camiño de A Axilda ao Vilar, Meangos (45.120,20 euros).

-Reparación de camiños na parroquia de Abegondo (59.367,30 euros)

-Reparación de camiños en Viós, Figueroa e Montouto (34.589,85 euros)

-Reparación de camiños nas parroquias de Vilacoba e Vizoño (77.181,56 euros)

POS 2023

-Reparación de camiños nas parroquias de Abegondo, Mabegondo, Crendes, Presedo, Sarandós e Figueroa (63.533,19 euros)

-Reparación do camiño de O Rueiro a Bordel (65.472,14 euros)

POS 2024

-Proxecto de reparación de camiños na parroquia de Mabegondo (43.129,76 euros)

-Proxecto de reparación de camiños nas parroquias de Mabegondo e Limiñón (43.040,52 euros)

-Reparación de camiños nas parroquias de Orto, Mabegondo e Cabanas (44.562,18 euros)

-Reparación de camiños nas parroquias de Abegondo e Montouto (45.230,68 euros)

-Reparación de camiños nas parroquias de Cos, Presedo, Leiro e Folgoso (43.545,10 euros)

-Reparación de camiños nas parroquias de Abegondo e Sarandós (74.221 euros).

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes