Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Vedra reclama ao Concello unha senda peonil entre inmediacións do colexio e o velódromo

-A voceira socialista Begoña González Picanes agradece a construción dunha senda en San Xián e a humanización e mellora da seguridade viaria en diferentes puntos do municipio, impulsadas pola Deputación

-“A nova senda e a mellora da contorna do CPI Plurilingüe de Vedra por parte da Deputación da Coruña teñen que vir acompañada agora doutra senda peonil nesta última zona”, indica o coordinador comarcal Antonio Leira


O PSdeG-PSOE de Vedra reclama ao Concello a construción dunha senda peonil nas inmediacións do colexio para complementar a senda e ás obras de humanización e mellora realizadas no municipio pola Deputación da Coruña.

O coordinador comarcal socialista e deputado provincial Antonio Leira acudiu á localidade para comprobar o resultado das actuacións. Por unha banda, visitou a nova senda peonil na parroquia de San Xián de Sales acompañado do presidente da asociación de veciños da zona Santiago Neira.

Por outra banda estivo nas inmediacións do CPI Plurilingüe de Vedra xunto a Eliana Martíns, integrante da ANPA, para coñecer de primeira man o froito dos traballos de mellora da contorna do centro, un dos diversos lugares beneficiados polos investimentos da Deputación.

As inmediacións do colexio foron obxecto dunha humanización e dunha mellora da seguridade viaria e a sinalización, entre outras cousas. Todas estas melloras foran previamente solicitadas á institución provincial por parte da Agrupación Socialista local.

A Deputación provincial adxudicou a construción da senda peonil en San Xián, unha zona de estacionamento na DP-8203 e melloras nesta e máis na DP-1202 por un total de 250.000€.

“A nova senda e a mellora da contorna do CPI Plurilingüe de Vedra por parte da Deputación da Coruña teñen que vir acompañada agora doutra senda peonil nesta última zona, que é competencia municipal”, sinalou Leira.

Pola súa banda a voceira socialista local Begoña González Picanes quixo “poñer en valor o compromiso da Deputación provincial da Coruña con Vedra, que se demostra con este tipo de actuacións”.

“Queremos agradecer á institución por ter escoitado as nosas demandas e polos investimentos e o traballo feitos en Vedra, e agora o Concello debe facer tamén a súa parte tamén coa construción doutra senda peonil”, subliña.

A socialista explica que dita senda serviría para unir o colexio con zonas cercanas nas que se concentran alternativas de ocio e deportivas como o velódromo, onde se practica ciclismo, atletismo e outras actividades.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes