Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Rianxo esixe a rectificación dos asfaltados para garantir a seguridade da veciñanza

  • Os socialistas alertan do despilfarro de recursos públicos que supón ter que volver actuar en obras recentes, e reclaman maior control e calidade nas execucións.

Rianxo. O PSOE de Rianxo denuncia o rápido deterioro de asfaltados executados recentemente no municipio, con socavóns en pistas de apenas dous meses, o que está a xerar malestar e problemas no día a día dos veciños e veciñas.

Mentres tanto, zonas como Pousada no Araño e Quintáns, en Isorna, seguen á espera de actuacións comprometidas hai máis de dous anos, evidenciando a falta de planificación do goberno local.

Ademais, subliñan a necesidade de planificar as actuacións en zonas sensibles, evitando casos como o de Brión, onde se asfaltaron áreas protexidas sen explicacións. Tamén esixen garantir unha correcta drenaxe, evitando que a auga afecte ás vivendas e que a veciñanza teña que instalar solucións improvisadas que dificultan o acceso, especialmente para persoas con mobilidade reducida.

De xeito complementario, o PSOE solicita facer públicos os criterios do plan de asfaltados e pide aclaracións sobre os investimentos anunciados, ante a ausencia de licitacións acordes ás contías indicadas.

Dende o PSOE de Rianxo esixen solucións inmediatas, planificación e transparencia, poñendo no centro as necesidades da veciñanza.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes