O PSOE de Rianxo critica a xestión económica do goberno de Julián Bustelo por acumular 125 días de pago medio a provedores
Rianxo. O grupo municipal socialista de Rianxo denuncia unha preocupante situación económica derivada da mala xestión do goberno liderado por Julián Bustelo, que pecha o terceiro trimestre de 2024 cun pago medio a provedores de 125 días. Este dato supón un incumprimento flagrante dás obrigas municipais, prexudicando gravemente ás empresas e autónomos que traballan para o Concello.
Desde o PSOE de Rianxo consideran que estas demoras excesivas están directamente relacionadas coa falta de planificación e as irregularidades na xestión económica do executivo local. “Están a executar obras sen contar cos informes preceptivos necesarios, o que evidencia unha clara irresponsabilidade e unha alarmante ausencia de rigor”, sinalan os socialistas.
Esta situación non só afecta a confianza dos provedores do Concello, pois tamén compromete a viabilidade financeira do municipio a medio e longo prazo. O PSOE esixe ao alcalde Julián Bustelo que tome as medidas inmediatas para corrixir estas prácticas, garantindo unha xestión económica responsable, transparente e que respecta os procedementos legais, así como a aplicar a coherencia no seu Goberno, si en 2021 solicitaba a dimisión da Tenente Alcalde, e solicitaba ó Alcalde daquela, Adolfo Muiños, que a cesara, sería coherente pola súa parte aplicar eses mesmos principios e cesara de ser o caso ós Concelleiros e Concelleiras que non cumplisen ese rigor na xestión neste nova lexislatura.
Os socialistas reiteran que é fundamental establecer unha planificación orzamentaria adecuada, que permita reducir os tempos de pago a provedores e evitar que o Concello de Rianxo siga acumulando débedas ou irregularidades que poñan en risco á estabilidade municipal. “Non podemos permitir que a mala xestión e a falta de previsión afecten ás empresas locais e ao futuro económico de Rianxo”, conclúe.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS