Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Fene lembra ao socialista Ramón Souto, último alcalde republicano do municipio

-O encontro tivo lugar no Monumento á Memoria, en San Valentín, e reuniu a arredor de cincuenta persoas, entre elas familiares do homenaxeado, militantes de distintas agrupacións da comarca e representantes políticos e sociais.


Fene. A Agrupación Socialista de Fene celebrou este sábado, 16 de agosto, un acto de homenaxe ao socialista Ramón Souto González, último alcalde republicano do municipio, asasinado polos golpistas tras o levantamento militar de 1936. O encontro tivo lugar no Monumento á Memoria, en San Valentín, e reuniu a arredor de cincuenta persoas, entre elas familiares do homenaxeado, militantes de distintas agrupacións da comarca e representantes políticos e sociais.

Entre os asistentes estiveron o deputado no Parlamento de Galicia Julio Abalde, o coordinador comarcal do PSdeG-PSOE de Ferrolterra, Sergio Saavedra, e o representante da Asociación Memoria Histórica Democrática Fernando Ocampo.

Consulta a nova completa na web do PSdeG-PSOE de Fene pinchando aquí.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes