O PSOE de Coristanco reclama ao alcalde que solicite á Xunta novas altas no SAF para garantir os postos de traballo e mellorar o servizo
Os socialistas fixeron públicas as notificacións recibidas por dúas traballadoras, cunhas “reduccións de horas e, en consecuencia, drásticas baixadas de soldo que son, con todas as letras, despidos temporais”
O PSdeG-PSOE de Coristanco reclama ao alcalde que solcite novas altas no Servizo de Axuda no Fogar á Xunta de Galicia, para garantir os postos de traballo e mellorar o servizo que se lle dá á veciñanza.
O voceiro socialista local, José Manuel Pérez Abelenda, sinala que “o número de prazas é claramente insuficiente, o que levou a que varias traballadoras sufrisen reduccións de horas e, en consecuencia, drásticas baixadas de soldo que son, con todas as letras, despidos temporais”.
Os socialistas fixeron públicas as notificacións de reducción de xornada recibidas por dúas das tres traballadoras nesta situación, que “poñen de manifesto que o aumento de prazas anunciado polo alcalde dista moito de cubrir a demanda da veciñanza de Coristanco”.
“É necesario que o alcalde se poña a traballar e solicite á Xunta de Galicia máis altas no servizo en lugar de negar a situación, unha actitude que lamentamos fondamente”, afirma o voceiro socialista.
“Nestes momentos hai persoas con necesidades na listas de agarda ás que non se lles está a prestar axuda”, subliña Abelenda. “Ao mesmo tempo hai varias traballadoras, cunha dilatada experiencia e con anos adicados ao servizo que ven como os seus dereitos son desprezados, debemos garantir as súas condicións laborais e o seu salario”, engade. O voceiro sinala que “as achegas recibidas tanto da Xunta como da Deputación para o SAF veñen dos impostos que pagamos todos e todas, e deben ser revertidos na propia veciñanza”. “O alcalde debería saír algo máis do despacho paraenterarse da situación e deixar de vender fume”, conclúe.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS