Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Coristanco propón no pleno diversas obras ao cargo do POS 2025 da Deputación da Coruña

-Estas obras inclúen a creación e mellora de dúas áreas de descanso biosaudables, a construción dunha pista de pádel na Rocheira e a mellora de camiños en diversos lugares do municipio


O PSdeG-PSOE de Coristanco propón no pleno municipal diversas actuacións a realizar con cargo ao Plan Único 2025 da Deputación da Coruña.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista, José Manuel Pérez Abelenda, presentou por rexistro as propostas de traballos, as cales considera “de gran relevancia para o día a día das veciñas e veciños de Coristanco”.

“Un ano máis, o PSOE de Coristanco propón varias obras que consideramos necesarias para que sexan finaciadas a través da institución provincial”, sinala Pérez Abelenda.

“Este ano o Plan Único medra un 72% tras o anuncio do presidente da Deputación, o socialista Valentín González Formoso, para que os concellos como o noso poidan dispoñer de diñeiro para poñer a disposición da veciñanza a través de obras e servizos”, engade o voceiro socialista.

En materia de humanización, o socialista propón a construción dunha área de descanso con equipamento biosaludable en Xaviña e a mellora da actual área de descanso ao carón do río da Balsa, en Montecelo, parroquia de Oca, incorporando outro parque biosaludable.

Proponse tamén a recuperación do camiño que vai dende a “casa da escola” de Lume de Suso ata a Furoca, enlazando co vial recentemente arranxado Furoca-Midón, e a do antiguo camiño que vai dende a Miñata de Arriba ata o pista que enlaza con Canal.

Ademais, o PSOE de Coristanco pide tamén a mellora e ampliación do acceso ao lugar do Piñeiro, reivindicación presentada polos Socialistas na anterior lexislatura, e a construción dunha pista de padel cuberta na zona da Rocheira, de novo, para que sexa o ente provincial o que financie a través do Plan Único.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes