O PSOE de Coristanco presenta unha moción para que tres familias poidan matricular aos seus nenos e nenas no colexio Xosé Pichel
Coristanco “conta con varios centros educativos, e a escolarización en centros afastados dos domicilios ou centros de traballo supón un gran transtorno para familias e alumnado”, sinala José Manuel Pérez Abelenda
“Lamentamos que o alcalde e o seu partido, o PP, votasen en contra do carácter de urxencia da moción, polo que non puidemos puidemos expoñela e debatila no pleno de onte”, critica
O PSdeG-PSOE de Coristanco presentou unha moción ante o pleno municipal para instar á Consellería de Educación da Xunta de Galicia “a facilitar o acceso ao alumnado de Coristanco ao centro docente elixido polas familias ás que se lle denegou a matriculación dos seus nenos e nenas”.
“Lamentamos que o alcalde e o seu partido, o PP, votasen en contra do carácter de urxencia da moción, polo que non puidemos puidemos expoñela e debatila no pleno de onte”, critica o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda.
“A moción vén motivada pola situación de nerviosismo que están a vivir tres familias ante a negativa por parte de Educación de matricular aos seus nenos e nenas no CPI Alcalde Xosé Pichel, onde xa teñen aos seus irmáns escolarizados”, explica Abelenda.
“Pedímoslle á Consellería que tome as accións necesarias para que estas nais e pais poidan matricular aos cativos no mesmo centro, xa que o contrario sería incomprensible e un agravio para estas familias”, afirma o voceiro socialista.
Abelenda quixo tamén “recalcar a pasividade do alcalde de Coristanco, ante esta situación, cando debería darlle solucións reais aos problemas de veciños e veciñas”.
“Coristanco é un municipio que conta con varios centros educativos, e a escolarización en centros afastados dos domicilios ou centros de traballo supón un gran transtorno para familias e alumnado, influíndo de maneira negativa na vida da veciñanza”, destaca.
“É o noso deber prestar especial atención á conciliación, promovéndoa a nivel familiar, laboral e social, debemos poñer todo o esforzó en lograr este obxectivo”, indica o socialista.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS