Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Coristanco denuncia o atraso no vaciado dos contenedores amarelos

-Lamenta que o novo sistema non está a funcionar, ofrecendo charlas de concienciación e afastando os contedores das vivendas mentres non se garante o seu baleirado


O PSdeG-PSOE de Coristanco denuncia a ineficacia do Goberno local do PP na xestón da recollida selectiva de residuos, especialmente no que respecta aos contedores amarelos, que levan semanas sen ser vaciados.

En concreto, o grupo socialista lamenta que nos dous meses dende a posta en marcha do novo sistema o Executivo local estivo centrado en “reorganizar os contedores, eliminar algúns afastándoos das vivendas e facer charlas para concienciar á veciñanza sobre a necesidade de reciclar”.

“Pouco importa concienciar se despois non se recollen e vacían os contedores como debera ser”, denuncia o voceiro socialista, José Manuel Pérez Abelenda.

Esta situación está a xerar numerosas queixas entre a veciñanza, que se ve obrigada, en moitos casos, a depositar os envases lixeiros no contedor verde ante a imposibilidade de facelo no amarelo.

Para os socialistas resulta evidente que o Goberno local, a pesar de contar cunha ampla maioría, non está a tomar as medidas necesarias para solucionar esta problemática, co único obxectivo de “branquear a súa mala xestión e a da Xunta de Galicia e Sogama no tocante ao tratamento de residuos”.

“Ao final, este tipo de comportamento do Executivo local provocará que os veciños e veciñas que reciclan correctamente leven a culpa e acaben pagando máis a través da suba de impostos”, lamenta Pérez Abelenda. O PSdeG-PSOE de Coristanco insiste en que a reciclaxe non debe ser unha cuestión de rendibilidade económica, senón un compromiso real co medio ambiente e a calidade de vida da veciñanza. “É imposible concienciar á xente se non se presta un servizo axeitado”, conclúe Pérez Abelenda.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes