Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Coristanco critica a “falta de orde e limpeza” no edificio de Servizos Múltiples por parte do concello

-O voceiro socialista José Manuel Pérez Abelenda lamenta que está situación dase mentres o alcalde “leva anos dando voltas respecto da instalación do punto limpo”


O PSdeG-PSOE de Coristanco critica a “falta de orde e limpeza” no Edificio de Servizos Múltiples do municipio por parte do Goberno local do PP, calificándoo de “mal exemplo de cara á veciñanza”.

“Ao carón do Edificio de Servzios Múltiples atópase unha zona chea de suciedade, que fai evidente a total desidia por parte do alcalde e o concelleiro de Obras e Servicios neste ámbito”, explica o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda.

Para o socialista “é evidente a hipocresía que se está a demostrar en canto a xestión de residuos, orde e limpeza”. “Por un lado solicitan á veciñanza que sexan responsables e denuncian o vertido de residuos en camiños municipais, pero por outro lado é o propio goberno municipal o que non cumple”, lamenta.

“Resulta incompresible a situación na que se atopa o entorno do edificio cando se acaba de recibir a visita do Conselleiro de Cultura para inaugurar a Biblioteca Municipal a escasos metros”, salienta Pérez Abelenda, que lembra ademais que “na zona atópase o tamén o centro médico e a farmacia”.

“A situación non é nova, xa que se leva bastante tempo co peche perimetral deteriorado, con restos de residuos polo chan e plásticos voando pola zona cando vai vento, polo que xa non sabemos se é o novo punto limpo do Concello ou é un vertedoiro controlado polo alcalde”, di o portavoz socialista.

O Partido Socialista xa denunciou a falta dun Punto Limpo no Concello que permita que a veciñanza e traballadores municipais teñan un espazo para o tratamento axeitado de residuos, e preguntou polo asunto en varias sesión plenarias.

“Estamos a vivir o mesmo que hai vinte anos con anteriores gobernos do PP, que xa anunciaran a inminente construcción do punto limpo en 2004, e seguimos a ter un alcalde que vai no mesmo camiño”, reflexiona Pérez Abelenda.

O voceiro socialista sinala que “o actual alcalde leva anos dando voltas respecto da instalación do punto limpo e privando da posta en marcha do servizo á veciñanza, primeiro cambiando a ubicación anunciada dúas ou tres veces”.

“Despois incluíuse a construción no POS 2023 a través dos fondos da Deputación da Coruña, pero no mesmo ano 2023 o alcalde dixo que sería a través da Xunta de Galicia con financiamento dos fondos Next Generation”, engadiu.

“En xuño do ano 2024 licítase por fin a obra, que debeu estar rematada a finais do mesmo ano, pero a realidade é todo o contrario”, critica o voceiro, que apunta que “aínda por riba, está o entorno do Edificio de Servizos Múltiples na situación dun auténtico vertedoiro”.

O Grupo Municipal Socialista pregúntase se o Goberno municipal “faría o mesmo no seu ámbito persoal ou familiar”, e esíxelle ao alcalde e ao concelleiro de Obras “que tomen cartas no asunto e fagan o seu traballo dunha vez por todas”.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes