O PSOE da Laracha reclama novas beirarrúas nos accesos ao campo de fútbol municipal, o CEIP Ramón Otero Pedrayo e a Casa da Cultura
- A voceira socialista local Inés Ramos López presentará unha moción neste senso no pleno ordinario deste xoves 25 de setembro
O PSdeG-PSOE da Laracha presentará no pleno municipal unha moción para reclamar a dotación de novas beirarrúas nas contornas do campo de fútbol municipal, o CEIP Ramón Otero Pedrayo e a Casa da Cultura.
“Cada día son moitos os nenos e nenas que se desprazan a estes espazos, pois son clave para a vida educativa, deportiva e cultural da nosa vila”, explica a voceira socialista local Inés Ramos López.
“Porén, en varios tramos de acceso non existen beirarrúas, o que obriga a camiñar pola estrada ou polos arcéns, con todos os riscos que isto supón”, lamenta a socialista. “Falamos de cativos e cativas que deberían ter garantida a máxima seguridade”, engade.
Por estas razóns sinala que “é de xustiza que o Concello dea prioridade á construción destas beirarrúas, pensando primeiro na seguridade da cativada e no benestar de todas as familias que usan estas instalacións”. A moción reclama poñer en marcha a redacción do proxecto para dotar de beirarrúas a estes accesos, así como reservar as partidas necesarias no orzamento municipal ou buscar financiamento a través doutras administracións, establecendo un calendario de execución que permita iniciar as obras canto antes.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS