Skip to content

Galego

Español

O PSOE da Laracha denuncia a masificación no IES Agra de Leborís e exixe medidas urxentes

-O Grupo Municipal Socialista rexistrou unha proposta de moción reclamando melloras en infraestruturas e persoal, co obxectivo de garantir a calidade educativa


O Grupo Municipal Socialista da Laracha denuncia a situación de masificación e falta de recursos no IES Agra de Leborís, onde se concentran 547 estudantes con tan só 42 profesores, un aumento, segundo eles, “alarmante”, que pon en risco a calidade educativa.

A voceira socialista, Inés Ramos López, destacou que “en 1º da ESO hai 121 alumnos repartidos en só cinco aulas, e en 4º hai 110 estudantes, superando as ratios recomendadas e incumprindo as normativas de seguridade”. Ademais, denunciou que materias como Física, Latín e Grego están a impartirse de forma online pola falta de espazos axeitados.

A moción que presentarán os socialistas o próximo xoves no pleno municipal insta á Xunta de Galicia a dotar o centro dos recursos materiais e humanos necesarios, incluíndo un incremento no persoal de apoio para o alumnado con necesidades específicas, pasando de 1 a 1,5 prazas de Pedagoxía Terapéutica (PT).

“A carencia de profesorado especializado e a masificación nas aulas dificultan gravemente a atención á diversidade e o progreso académico do alumnado”, afirmou Ramos López.

Tamén reclaman melloras nas infraestruturas, como a creación de espazos cubertos para os días de choiva e a dotación dunha aula de usos múltiples. Segundo a voceira socialista, “a falta de acción por parte da Xunta agrava unha situación que leva anos deteriorándose, ignorando as demandas da comunidade educativa e as mobilizacións multitudinarias”.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes

LunMarMiéJueVieSábDom
303112345678910111213141516171819202122232425262728293031123456789
LunMarMiéJueVieSábDom
303112345678910111213141516171819202122232425262728293031123456789