O PSdeG volver reclamar o fomento do produto local na contratación pública da Xunta
- Patricia Iglesias lembra que se aprobou, hai un ano, unha estratexia neste sentido a iniciativa do Grupo Socialista que aínda non foi aplicada
O Grupo Socialista no Parlamento Galego volve reclamar unha estratexia de contratación pública que fomente o consumo de produtos locais e galegos, tal e como foi aprobado por unanimidade hai un ano a iniciativa do PSdeG-PSOE.
A parlamentaria socialista Patricia Iglesias aproveitou a súa visita ao comedor de Inditex en Arteixo para lembrar que “a día de hoxe non sabemos nada desa estratexia”.
“O comedor de Inditex é un exemplo de consumo e distribución de produtos locais, de produtos nosos, galegos e quilómetro 0, da man de GIASAT, un ecosistema que aglutina asociacións de toda España que fomentan precisamente o consumo e distribución de produtos ecolóxicos e produtos nosos”, explica Iglesias.
“Queremos poñer en valor esta iniciativa e contrapoñelo ao modelo do goberno galego, da Xunta de Galicia, onde realmente brilla pola súa ausencia nas contratacións públicas, nos comedores públicos que dependen da Xunta, centros escolares, residencias e hospitais, o fomento da compra pública local” engade.
A deputada salienta a importancia desta cuestión aínda máis “no contexto xeopolítico mundial que estamos a vivir”, e anuncia que dende o PSdeG seguirán esixindo á aprobación da estratexia aprobada.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS