Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG reivindica en Betanzos a mellora de servizos públicos na comarca tras dous anos de goberno de Rueda

  • Bernardo Fernández, Silvia Longueira e María Barral denunciaron as condicións no transporte, na educación, nos servizos sociais ou nas infraestruturas.

O PSdeG realizou dende Betanzos o seu balance do que os dous anos de goberno de Alfonso Rueda supuxeron para as mariñas betanceiras, cunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro, a deputada autonómica Silvia Longueira e a alcaldesa socialista María Barral.

Fernández Piñeiro comezou aseverando que “o servizo de transporte público empeorou, está moitísimo peor, xa non que hai un ano, que hai dous, que catro, que cinco, está peor que hai 50 anos”. “Anos despois de telo sacado a licitación e de axudicarse, seguen sin corrixirse”, lamenta.

“A Xunta de Galicia segue sen adoptar ningunha medida para dar solución á problemática que afecta a milleiros de persoas nesta bisbarra”, salienta o secretario xeral provincial.

Enumera autobuses ateigados de xente, xente que queda tirada nas paradas porque non hai capacidade suficiente, autobuses con xente que ten que ir de pé, que non chegan a tempo, que chegan antes de tempo e marchan ou que nin sequera chegan algúns días entre as principais problemáticas do servizo.

Tamén criticou a “supresión de determinadas líneas, mantendo só aquelas que son rentables para a empresa”. Indica que, nunha bisbarra na que “hai moitos concellos que son rurais, se está condenando á súa poboación a quedar totalmente illada”.

“Hai anos que vimos denunciando esta situación, que vimos esixindo á Xunta de Galicia que se adopten medidas para corrixila”, lembra Fernández Piñeiro, que demanda a Alfonso Rueda que “tome o timón” da situación.

“Tendo en conta que no seu vídeo de campaña percorría Galicia nun autobús, pois xa que coñece o sector, sería importante que aplicase os coñecementos que adquiriu durante a campaña nese autobús electoral para poñer a funcionar un servizo que, como digo, é fundamental”, ironiza.

Pola súa banda, a deputada Silvia Longueira afirmou que “nestes dous anos de mandato de Rueda non mudou absolutamente nada no que ten que ver co eido educativo en Betanzos”. Puxo como exemplo o IES Francisco Aguiar, no que se tiveron que suspender as aulas durante 2 días por un curtocircuíto co que se lles foi a luz.

“Iso é simplemente un exemplo de como está de abandonado o sector educativo”, lamenta, que “sobrevive basicamente polo interese do profesorado e das ANPAS que están convertindo e convertiron efectivamente o Francisco Aguiar bun colexio que é senlleiro para Betanzos e para a comarca”.

“Nestes dous anos estivemos constantemente demandando esas novas infraestruturas, eses arranxos”, lembra a deputada. “Non é cousa do Concello que bastante fai que vai paliando ás necesidades do día a día que teñen as escolas e os institutos en Betanzos”, salienta.

“O goberno de Rueda castiga aqueles concellos que crecen e que teñen dinamismo porque outra outra razón non atopamos”, remata pola súa banda Longueira.

Anos de retrasos

Finalmente, María Barral relatou que “Betanzos leva anos, décadas diría eu, pedindo servizos públicos non só para Betanzos, senón para toda a comarca, esenciais”.

Destacou entre as demandas a dun centro de día, aínda máis “sendo cabeceira comarcal dunha comarca que non conta con centro de día público e que ten moita poboación maior”.

Tamén reclama dende hai anos un centro de información á muller comarcal: “De feito, este ano, o Concello de Betanzos coa axuda da Deputación da Coruña vai construír un centro de información á muller municipal, pero que tratará de dar cabida ás necesidades das mulleres da comarca porque cremos firmemente neste tipo de políticas”.

Tamén criticou que dende a Xunta “hai tempo viñeron anunciar melloras na estrada AC-542 que todavía non sacaron a licitación, seguramente sexa o vindeiro ano ano electoral, pero bueno, benvido será”. “Levamos anos demandando que se tomen medidas para minimizar as enchentes que se producen nos ríos, que cada vez son máis frecuentes polo cambio climático e que están a ocasionar problemas en vivendas e en empresas”, concluíu Barral.


María Barral – balance 2 anos Xunta Betanzos – mar26
Bernardo Fernández – balance 2 anos Xunta Betanzos – mar26
Silvia Longueira – balance 2 anos Xunta Betanzos – mar26

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes