Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG reclámalle a Xunta que constrúa beirarrúas na AC-300 ao seu paso polo Sisto, en Rois

  • Manuel Regueira e Aitor Bouza anuncian unha batería de iniciativas no Parlamento galego para que se inclúa unha partida ao respecto nos orzamentos para 2026

O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia que constrúa beirarrúas e pasos de peóns na estrada provincial AC-300 ao seu paso polo lugar do Sisto, no municipio de Rois.

O voceiro socialista local Manuel Regueira Miguens explica que O Sisto “é unha das poboacións máis grandes de Rois” e que por ela “pasa moito tráfico, pois por aí cruzan de Bertamiráns cara a Padrón, incluso vehículos pesados que veñen das rías de Muros e Noia con berberecho cara a Pontevedra”.

Porén, trátase dun tramo estreito “no que hai 2 carrís para apenas hai arcén”, sendo necesario “construír as beirarrúas para mellorar a seguridade viaria, e tamén polo menos un paso de peóns” en palabras do socialista.

En contraposición, Requeira lembra que “a AC-300 ao seu paso polos núcleos máis importantes de Brión, xa sexa Os Ánxeles, xa sexa Bastavales, ten beirarrúas”. “En Padrón no polígono da Picaraña tamén ten beirarrúas, polo cal só quedaría este tramo de Rois como núcleo importante da AC 300” sen elas, lamenta.

“A Xunta anda seguido a pedir melloras nas carreteiras de ámbito nacional, pero tamén ten que fixarse un pouquiño nas que ten ela”, critica o voceiro socialista local.

Pola súa banda, o deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza sinala que dende o PSdeG buscan “poñer fronte ao espello a propia acción da Xunta de Galicia no que son as súas competencias”.

“Rois necesita que a Xunta de Rueda se implique e poida demostrar que realmente non só exerce as súas competencias, senón que non deixa tirados aos veciños e veciñas de Rois”, subliña.

Por esta razón, dende o Grupo Parlamentario Socialista presentarán “unha batería de iniciativas na que se esixe á Xunta de Rueda que se comprometa a realizar ese tramo que falta dentro da AC 300, que garanta unha mobilidade segura e accesible para a propia veciñanza”. Tamén, indica Bouza, “que se comprometa orzamentariamente, que inclúa una partida nos orzamentos da Xunta de Galicia que permita garantir que se van acometer esas obras nunha infraestrutura que para o Concello de Rois e, polo tanto para as veciñas e veciños desta localidade, é tan importante”.


Aitor Bouza – AC300 Rois – nov25

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes