Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG reclama no Parlamento galego que a Xunta actúe nos regos das poboacións de Padrón con maior risco de inundación

  • O alcalde, Anxo Arca, pide ao Goberno galego que escoite as iniciativas do Grupo Parlamentario Socialista

O Grupo Parlamentario Socialista reclama no Parlamento de Galicia que a Xunta de Galicia actúe nos regos dos Pasais e de Cambelas, en Padrón, e que tamén actúe sobre o cauce do río Sar ao seu paso precisamente por estas poboacións.

O alcalde socialista Anxo Arca explica que as inundacións nestes regos son as que teñen máis afectación sobre vivendas e as que máis problemáticas xeran en Padrón: “Sabemos que aquí é onde se concentran a maioría das incidencias e polo tanto creo que é oportuno comezar por onde máis se necesita”.

“Certo é que temos un convenio dende o Concello, que asinou o meu predecesor, no que se recollen catro actuacións nas zonas inundables, pero que consideramos que non son as máis urxentes e non entendemos por que se deixan fóra precisamente os regos de Cambelas e de Pasais”, explica o rexedor.

“Creo que naquel momento dende o Concello non se informou ben á Xunta de Galicia, non se informou ben a Augas de Galicia, pero hai oportunidade de rectificar e eu creo que nos últimos meses fomos vendo como esta problemática derivada das enchentes e a inmensa cantidade de precipitación que tivemos este ano”, engade.

O parlamentario socialista Aitor Bouza sinala pola súa banda que “dende o Grupo Parlamentario Socialista levaremos ao Parlamento galego a voz do concello de Padrón”. “Esixiremos a través das nosas iniciativas parlamentarias que o señor Rueda se comprometa con todas as veciñas e veciños que realmente o que queren é que se executen de maneira inmediata as actuacións nos regos”, indica. “Tamén que se proceda a unha limpeza en profundidade cunha actuación integral especificamente no tramo do río Sar entre Estramundi e Pazos”, co obxectivo de “aumentar a súa capacidade hidráulica e mellorar sobre todo a drenaxe das zonas inundables con maior impacto residencial”, conclúe o deputado.


Anxo Arca – Inundacións – feb26
Aitor Bouza – inundacións Padrón – feb26

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes