O PSdeG provincial insta ao alcalde de Curtis “a crear un servizo de Policía Local”
A Agrupación Provincial Socialista da Coruña comprende e respalda a preocupación do alcalde de Curtis pola seguridade, pero insta a Javier Caínzos a poñer en marcha un servizo de Policía Local.
O corporación municipal aprobou recentemente de xeito unánime unha iniciativa instando ao mantemento do cuartel da Garda Civil, unha petición que os socialistas suscriben, xa que a consideran “lexítima e comprensible, polo que conta co noso apoio”.
“Pero temos que lembrarlle ao alcalde que hai otros concellos na provincia da Coruña con menos poboación que Curtis que contan cun servizo de Policía Local”, sostén o PSdeG Provincial.
Os socialistas consideran que “a seguridade dos veciños e veciñas é responsabilidade de todas as administracións, tamén do Concello, e a Policía Local é un servizo municipal que se debe implantar en Curtis para mellorar distintas cuestións relacionadas coa seguridade, o tráfico e a atención á veciñanza”, apuntan.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS