O PSdeG provincial insta á Xunta de Galicia a eliminar o punto negro da AC-230 en Curtis onde perdeu a vida o conductor de ambulancia
Os socialistas reclaman ao alcalde da localidade “que sexa reivindicativo coa Xunta igual que o é con outras administracións”
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña insta á Xunta de Galicia a eliminar o punto negro do tramo da estrada autonómica AC-230 ao seu paso por Curtis onde perdeu a vida un conductor de ambulancia a pasada fin de semana.
Nesta curva da AC-230 rexístranse con frecuencia accidentes como o sucedido o pasado sábado, sendo esta última a cuarta vítima mortal da mesma.
Os socialistas esixen ao Goberno autonómico que “faga o que xa tiña que ter feito antes e actúe inmediatamente no tramo para evitar máis accidentes como este”.
Ademais, dende o PSdeG provincial piden tamén ao alcalde da localidade Javier Caínzos, do PP, que tome cartas no asunto para presionar á Xunta a solucionar este problema. “Pedímoslle ao alcalde que sexa reivindicativo coa Xunta do Partido Popular igual que o é con outras administracións para protexer á veciñanza de Curtis”, sinalan.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS