Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG homenaxeará en Ponteceso ás alcaldesas socialistas para poñer en valor as políticas de Igualdade

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña e a Agrupación Socialista de Ponteceso organizan un acto de homenaxe ás alcaldesas socialistas. Nel farase un recoñecemento especial á alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, nada en Ponteceso.

Terá lugar o xoves 12 de setembro en Ponteceso, na terraza do Néboa Chill Out da praza do Relleno, xunto á casa natal de Eduardo Pondal, e comezará ás 18:00 da tarde.

O acto contará coa intervención de diversas concelleiras e alcaldesas socialistas galegas. As concelleiras locais Noelia Varela e Chelo Martínez darán a benvida ao acto, dando paso á rexedora de Bergondo, Alejandra Pérez, e á de Vimianzo, Mónica Rodríguez.

A continuación intervirá Ángeles Novo, concelleira de Muller, Inclusión e Igualdade en Lugo. Rematará a xornada coa alcaldesa de Lugo de orixe pontecesá Paula Alvarellos.

O acto servirá para reivindicar as políticas de igualdade impulsadas polo PSOE co obxectivo de incrementar o número de mulleres en postos de representación e liderado, como a Lei de Igualdade aprobada durante a presidencia de José Luis Rodríguez Zapatero.


Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes