O PSdeG esixe á Xunta que adopte as medidas para restablecer o servizo de TV e telefonía nas parroquias de Covas e Esmelle
- A veciñanza destas parroquias rurais ferrolás denuncia problemas graves de conexión persistentes nos últimos meses
O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para esixírlle á Xunta de Galicia que tome as medidas necesarias para restablecer o servizo de televisión e telefonía nas parroquias ferrolás de Covas e Esmelle.
“Esta semana volvemos ver como a Xunta de Rueda volve facer omisión das súas propias funcións e deixa absolutamente esquecidos e tirados aos veciños e veciñas”, afirma o parlamentario socialista Aitor Bouza.
“As queixas xa saíron á luz durante todos estes días”, explica Bouza, xa que “non teñen nin televisión nin tampouco poden comunicarse por teléfono debido á mala xestión que se está a facer dende a Xunta de Galicia por mor de non adoptar as medidas que foron necesarias”.
Co obxectivo de atender “a todas estas reclamacións da veciñanza e en base ás propias competencias que ten a Xunta de Galicia para poder solucionar e abordar todas estas cuestións”, o socialista anuncia a batería de iniciativas àra “esixirlle á Xunta e ao señor Rueda que adopte de inmediato todas as medidas que sexan precisas”.
Deste xeito, dende o Grupo Parlamentario Socialista reclamarán que se restableza un servizo tanto para televisión como para telefonía, para que “os veciños e veciñas das parroquias de Covas e Esmelle podan disfrutar como o resto de veciños e veciñas dun servizo de calidade”.
Ademais, esixiránlle á Xunta de Galicia “que impulse un plan de supervisión e control da cobertura de telecomunicacións no conxunto do municipio de Ferrol e particularmente nas zonas rurais deste Concello”.
“Non pode outra vez a Xunta de Galicia dar as costas a Ferrol, a Xunta de Galicia ten que apostar claramente por que non pode haber veciños de primeira e de segunda, e neste eido, tampouco”, conclúe Aitor Bouza.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS