Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG denuncia que o servizo de transporte escolar adaptado da Xunta obriga a alumnado con discapacidade a saír antes de tempo das clases

  • Aitor Bouza, deputado no Parlamento Galego, anuncia unha batería de iniciativas para reclamar o correcto funcionamento do servizo

O PSdeG-PSOE denuncia que o servizo de transporte escolar adaptado da Xunta de Galicia está a obrigar que alumnos e alumnas con diversidade funcional abandonen as clases antes de tempo para poder facer uso do mesmo.

O deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza faise eco do caso dun alumno do CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso de Noia que ten recoñecida unha discapacidade do 100% e que se ve obrigado a abandonar a súa clase 30 minutos antes da hora oficial.

Bouza califica a situación de “novo ataque aos dereitos fundamentais” por parte da Consellería de Educación, e indica que é “culpa da neglixente xestión que fai a Xunta de Galicia” do servizo de transporte escolar.

“Ante isto, dende o Partido Socialista non imos ficar impasibles, imos exixir de inmediato, a través dunha batería de iniciativas que presentamos no Parlamento de Galicia, que se garanta o dereito do alumnado con discapacidade que é usuario do transporte a asistir á totalidade do horario lectivo”, sinala.

O parlamentario socialista esixirá “que se adopten todas as medidas organizativas necesarias para que ningún alumno ou alumna teña que abandonar o centro antes da hora oficial de saída”.

“Evidentemente, tamén esixiremos que se revise o funcionamento e os contratos das empresas concesionarias do transporte adaptado e que se asegure que esa organización priorice sempre os dereitos educativos do alumnado e non criterios de conveniencia empresarial”, engade.

“Por último, queremos esixirlle á consellería de educación que dea resposta ás familias afectadas, que se estableza un protocolo especifico para que se resolvan todas estas cuestións”, apunta o socialista. “É intolerable que a Consellería de Educación, despois de tantas cartas recibidas, dea a calada por resposta”, conclúe Bouza, afirmando que “o silencio cómplice por parte da Xunta de Galicia é inadmisible”.


Aitor Bouza educación Noia – out25
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes