O PSdeG de Rianxo denuncia a falta de transparencia e os graves atrasos no pagamento a proveedores no concello
Rianxo. Desde o Grupo Municipal Socialista de Rianxo queremos denunciar a situación insostible que están a sufrir numerosas empresas e proveedores locais debido aos reiterados atrasos nos pagos do Concello.
Aínda que os reparos da Intervención reflictense publicamente nos libros de decretos municipais, non dispoñemos da totalidade das facturas, a pesar de telos solicitado formalmente en múltiples ocasións. O alcalde Julián Bustelo nega sistematicamente facilitar esta información, incluso cando algunhas solicitudes teñen máis de seis meses e algunha supera o ano e medio de antigüidade.
Esta actitude evidencia unha falta absoluta de transparencia e unha opacidade inadmisible na xestión municipal, que vulnera os procesos administrativos e dificulta enormemente o control público sobre o uso dos recursos municipais. Por outra banda, as facturas que coñecemos reflicten atrasos no pago que, nalgúns casos, superan o ano, afectando gravemente á economía e viabilidade de moitas empresas de Rianxo. Ademais, seguimos sen dispoñer dunha data para a liquidación do exercicio 2024, o que impide valorar con rigor a situación económica real do Concello.
Desde o PSdeG-PSOE de Rianxo esiximos ao alcalde e ao goberno local que cumpran coas súas obrigas legais, faciliten toda a información solicitada, agilicen os pagos a proveedores e garantan a transparencia e a boa xestión na administración municipal.
A opacidade non pode ser o método de xestión dun Concello que debe responder ante a súa cidadanía e garantir a confianza nas súas institucións.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS