O PSdeG de Malpica reunirase coa veciñanza das parroquias para “levar as súas demandas ao Pleno”
- Walter Pardo anuncia xuntanzas en todas as parroquias do municipio: “Somos testemuñas de que hai moito descontento entre a veciñanza polo estado do noso concello”
O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños anuncia que manterá reunións coa veciñanza de todas as parroquias do municipio co obxectivo de “levar as súas demandas ao pleno”.
Sinalouno así o voceiro socialista local, Walter Pardo, que denunciou que “os servicios do Concello sofren un abandono case total, e iso repercute nas vidas dos veciños e veciñas”. As xuntanzas terán lugar a partir do mes de xaneiro de 2026.
“Queremos que a veciñanza, tanto do núcleo urbano como das parroquias, nos traslade as súas necesidades, demandas e inquedanzas, xa que o alcalde non se está encargando delas”, afirma o voceiro socialista.
Os encontros terán lugar nos diferentes locais sociais das diferentes parroquias. A hora e a ubicación de cada unha serán anunciadas próximamente pola Agrupación Socialista Local.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS