O PSdeG de Malpica fixa as datas das reunións coa veciñanza das parroquias para levar ao Pleno as súas demandas
- As xuntanzas comezarán en xaneiro e percorrerán todas as parroquias do municipio para recoller demandas e inquedanzas da cidadanía
O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños anuncia o calendario e os lugares das reunións parroquiais que manterá coa veciñanza do municipio, tal e como avanzara semanas atrás. O obxectivo destas xuntanzas será escoitar de primeira man as demandas, necesidades e inquedanzas dos veciños e veciñas e trasladalas ao pleno municipal.
As xuntanzas darán comezo o domingo 18 de xaneiro no local social de Barizo ás 11:30 horas. A seguinte cita terá lugar o domingo 25 de xaneiro en Buño, no Teleclube, tamén ás 11:30 horas; mentres que o domingo 1 de febreiro a reunión será nas Escolas de Cambre, ás 12:00 horas.
O calendario retomarase o domingo 22 de marzo en Cerqueda, ás 12:30 horas, nas Escolas das Pozacas. Xa no mes de abril, a veciñanza poderá participar na xuntanza do sábado 11 no local social de Mens, ás 11:30 horas; o domingo 19 en Leiloio ás 11:00 horas, nas Escolas da Raxeira; e, por último, o domingo 26 en Vilanova, nas Escolas de Beo, ás 11:30 horas.
Dende a Agrupación Socialista Local sinalan que estas reunións forman parte do compromiso do PSdeG de Malpica cunha política de proximidade, escoita activa e defensa das parroquias, co obxectivo de dar voz á veciñanza e trasladar as súas reivindicacións ás institucións correspondentes.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS