Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG de Lousame celebra o convenio de 204.000€ da Deputación para renovar o céspede artificial do campo de Cabanetán

  • Juan José Prego Ces subliña “o compromiso da institución e do seu presidente, o socialista Valentín González Formoso, con Lousame”

O PSdeG-PSOE de Lousame celebra a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación da Coruña, mediante o cal a institución provincial financiará o 80% dos 204.000€ que custará renovar o céspede artificial do campo de fútbol municipal de Cabanetán.

A Deputación achegará un total de 163.824,91 euros para substituír o actual céspede artificial, desgastado polo uso continuado da instalación, por un novo pavimento deportivo de última xeración e homologado segundo a normativa vixente.

O voceiro socialista local Juan José Prego Ces subliña “o compromiso da institución e do seu presidente, o socialista Valentín González Formoso, con Lousame e o seu tecido deportivo e social”.

“Na última década, os gobernos socialistas na Deputación investiron máis de 13 millóns de euros en Lousame, incluíndo 6,7 millóns do Plan Único”, salienta o portavoz socialista.

Prego Ces criticou que “o goberno do PP de Lousame pretenda agora colgarse as medallas por unhas xestións realizadas coa Deputación por parte do Grupo Municipal Socialista”. “Aínda estando na oposición en Lousame, logramos a aprobación deste convenio na Deputación no pasado mes de novembro logo de numerosos trámites e xuntanzas coa institución e en particular co deputado de Deportes, Antonio Leira”, lembra o socialista.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes