Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG de Curtis reunirase co sector gandeiro para buscar “solucións reais” aos ataques de lobos e rexeita as críticas da Xunta ao Goberno central

  • Convida a gandeiras e gandeiros do municipio a trasladar as súas demandas nunha xuntanza coa participación da deputada autonómica Silvia Longueira e a deputada estatal Obdulia Taboadela

O PSdeG-PSOE de Curtis responde ás críticas da Xunta de Galicia ao Goberno central, nas que o acusa de deixadez na xestión dos ataques dos lobos nas explotacións gandeiras. Reivindica a busca de solucións reais fronte a unhas críticas da Xunta que non ofrecen alternativas.

“Tralas queixas recibidas por parte de gandeiras e gandeiros polo avance do lobo en Galicia quero transmitir que o sector de Curtis e Teixeiro ten todo o apoio da Agrupación Socialista local e do Goberno Central, e comprométome a buscar solucións na maior brevidade posible”, sinala o secretario xeral local, Fernando Rey Leira.

“Falarei en persoa coas persoas afectadas polo ataque do lobo en Curtis/Teixeiro, e convidareinas coa maior brevidade posible a ter unha reunión na que estarei acompañado de Silvia Longueira, deputada no Parlamento galego, e Obdulia Taboadela, deputada no Congreso, para escoitar e buscar solucións urxentes”, engade o socialista.

Rey Leira sinala que nesta xuntanza buscarán respostas “tanto a nivel económico pola perda do gando, como a nivel administrativo por parte do Goberno de España, en busca de solucións reais, para que non se repitan os constantes ataques do lobo ao gando, que provocan perdas económicas constantes ao sector no municipio”. “Despois de dita reunión, e de ter toda a información posible, realizarei visitas a gandeiros e gandeiras, e con toda a información que me trasladen, farei todo o que estea nas miñas mans, para solucionar os problemas actuais que sufren e buscar unha solución definitiva ó problema”, conclúe o secretario xeral local.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes