Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG de Curtis reclama a Concello e Xunta que habiliten unha zona para a aterraxe do helicóptero do 061

  • Fernando Rey Leira esixe “que actúen con carácter inmediato” para crear unha pista de aterraxe accesible e de uso exclusivo para esta fin

O PSdeG-PSOE de Curtis reclámalle ao alcalde Javier Caínzos e á Xunta de Galicia que actúen con carácter inmediato no PAC de Teixeiro para habilitar urxentemente unha zona accesible e de uso exlusivo para a aterraxe do helicóptero do 061.

Esta reivindicación prodúcese unha vez máis logo de que o pasado sábado 4 de abril, en plena Semana Santa, un home tivese que acudir ó PAC de Teixeiro sobre as 14:30, precisando a mobilización do helicóptero do 061 e os GES.

O secretario xeral local Fernando Rey Leira denuncia “novamente” que o helicóptero non ten un espazo de aterraxe axeitado, o que obriga a “andar co paciente na padiola dende o PAC ata a parcela que ten diante, onde adoita aterrar o vehículo aéreo”.

“Aterra nunha zoa que non está habilitada para dito uso, e dende a Xunta sábeno ben”, critica o socialista. “Seguimos pedindo que a Conselleria de Sanidade contrúa unha área xunto ó centro de saude de Teixeiro, para esta función coa fin de non ter que andar a doentes pola rúa”, engade.

“Este problema leva moito tempo sen arranxarse, pero ó señor alcalde parece que non lle importa moito que non se fagan melloras no centro de saude de Teixeiro, levamos así anos”, lamenta Rey Leira.

O secretario xeral do PSdeG local critica tamén que non se respecte a privacidade das e dos pacientes, ao ter que “sacalos a rúa e entre varias persoas baixar ata a zona de aterraxe do helicóptero e meter o paciente dentro”.

“O señor Cainzos está máis preocupado por outros temas, non lle preocupa Teixeiro, para el só existe como prioridade Curtis e o Poligono Industrial”, dixo en referencia ao rexedor do municipio.

Sinala tamén que “ninguen do goberno municipal do PP asiste ás folgas da sanidade, non atenden ás renvindicacions do persoal dos centros de saúde tanto en Curtis como en Teixeiro”. “Que a veciñanza non teñan pedriatra, medico ou enfermeiro non lle interesa, nin caso fai”, apunta.

“Nin se molesta en facer unha simple chamada ós seus colegas do PP na Xunta para pedir solucións”, afirma, pero si están “para sacar a foto dicindo que fan moito por Curtis e Teixeiro”.


Máis melloras para o Centro de Saúde

“Outro punto a destacar é que se teñen que acometer melloras urxentes no centro de saude de Teixeiro, que polas tardes e en festivos e fins de semana atende como PAC para toda a zona”, indica o socialista.

Rey Leira insiste en que se precisan máis medios a parte do medico, a enfermeira e o administrativo, que é o que se ten polo momento: “Precisamos polo menos dous pediatras de urxencias, polo menos 3 enfermeiros, e tres médicos, en quendas tanto de mañá como de tarde e noite, e quendas máis flexibles para o persoal administrativo”.

“Dende o PSdeG-PSOE Curtis, seguiremos demandando ditas melloras para que non ocurran sucesos como o do pasado sábado, porque mentres unha enfermeira e un medico atenden a prioridade neste caso, un paciente, en estado grave, non debería quedar sen atender o resto de persoas”, subliña.

Salienta tamén Fernando Rey que isto “non só pasa aquí, senón noutras zoas rurais de Galicia a consecuencia dos recortes que fixo o señor Feijóo e os que segue facendo o señor Rueda”.

“Como secretario xeral do PSdeG-PSOE de Curtis non cansarei de pedir que se acometan estas melloras, xa que é o que demandan pacientes e persoas usuarias en xeral, e comprométome a defender os nosos dereitos para que teñamos unha sanidade pública de calidade cos suficientes medios profesionais, e materiais”, conclúe.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes