O PSdeG de Coristanco reivindica que as patacas colleitadas na finca de propiedade municipal sexan destinadas aos comedores escolares e persoas en risco de exclusión
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco presentará no vindeiro pleno municipal unha moción para reclamar que as patacas cultivadas en terreos de propiedade municipal sexan destinadas a fins sociais.
Segundo explica a moción, o 30 de decembro de 2022 o Concello acordou a adquisición unha finca cunha superficie de 5.212 m2 situada no lugar de San Roque, parroquia de Traba, para a construción dun local social.
Foi finalmente adquirida en maio de 2023, e neste ano 2024 procedeuse a plantar patacas nela, apañándose o pasado día o 23 de outubro a colleita na mesma. “É de recibo que o colleitado na finca municipal repercutan na colectividade da veciñanza”, sinala o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda.
“Presentamos esta moción para reivindicar os recursos e os bens públicos, xa que os bens do Concello son de todos os habitantes, e a entidade local debe velar porque así sexa”, afirma Abelenda. O socialista propón que as patacas “sexan entregadas ós comedores escolares e a aquelas as familias ou persoas que poidan estar en situación de emerxencia social ou risco de exclusión no noso concello”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS