O PSdeG de Coristanco denuncia que “obras municipais sen autorizacións pertinentes” provocaron a inundación da vivenda en Lume de Suso
- “O goberno municipal actuou sen informes técnicos nin permisos, demostrando unha total falta de respecto pola legalidade e pola seguridade dos veciños”, lamenta José Manuel Pérez Abelenda
O PSOE de Coristanco denuncia “obras municipais sen as autorizacións pertinentes” logo de que “as actuacións por parte do goberno municipal na C-552 no lugar de Lume de Suso provocasen a inundación dunha vivenda esta fin de semana pasada”.
Así o expresou o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, que se reuniu coa a familia afectada polas graves inundaciones ocurridas esta fin de semana, que resultaron en daños materiales na súa vivienda.
Segundo afirman dende o Grupo Municipal Socialista, “os feitos derivan de actuacións presuntamente ilegais levadas a cabo polo goberno municipal do PP”. “O executivo municipal iniciara obras sen as autorizacións dos organismos competentes, consistentes no tapiado da rede principal das pluviais da carretera C-552 e o desvío do caudal cara a rede secundaria de Lume de Suso”, explica o socialista.
Pérez Abelenda explica que estes feitos foron tamén denunciados polos responsables da vía que se persoaron no lugar dos feitos, que foros alertados pola propia familia afectada.
“O goberno municipal actuou sen informes técnicos nin permisos, demostrando unha total falta de respecto pola legalidade e pola seguridade dos veciños”, lamenta o voceiro socialista local.
“O PSOE de Coristanco lamenta profundamente os perxuicios ocasionados á veciñanza e denuncia a prepotencia e o autoritarismo cos que actúan tanto o alcalde como o concelleiro de Obras do municipio”, afirma. Por estas razóns, o Grupo Municipal Socialista esixirá “explicacións inmediatas ao goberno municipal e a asunción de responsabilidades políticas”. “Ademais, solicitamos a Xunta de Galicia a aos organismos competentes que revisen a legalidade das actuación e garanta que este tipo de feitos, temerarios e ilegais, non se repitan en futuras intervencións municipais”, conclúe Pérez Abelenda.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS