O PSdeG de Cariño organiza unha xuntanza informativa sobre as axudas da Deputación para asociacións e outras entidades
- Será mañá, día 2 de decembro, ás 20:30 no local social da Casa do Concello
O PSdeG-PSOE de Cariño organiza mañá, martes 2 de decembro, unha xuntanza informativa sobre as liñas xerais e as novidades das axudas da Deputación da Coruña para o ano 2026.
Terá lugar ás 20:30 no local social da Casa do Concello, situado na avenida da Paz e conta coa colaboración do Grupo Provincial Socialista. Participará nela Rosa Ana García, deputada provincial que leva as áreas de Industria, Emprego, Política demográfica e Medio Ambiente do goberno da institución.
Esta xuntanza está dirixida especialmente a asociacións deportivas, veciñais, culturais, lúdicas e de todo tipo, así como a outras persoas interesadas en aprender sobre estas liñas de axudas.
O voceiro socialista en Cariño, Jonathan Miranda, convida a todas as asociacións do municipio “a participar da xuntanza para descubrir os xeitos dos que se poden beneficiar das políticas da Deputación”. “Non queremos que ningunha entidade do noso municipio quede sen acceder a estas axudas por descoñecemento”, engade. Miranda quixo agradecer “ao goberno provincial liderado polo socialista Valentín Formoso o seu tan necesario traballo polos concellos e polo tecido asociativo dos mesmos”.

Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS