Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG considera que a folga de transporte na provincia “agravará o caos dos buses” e esixe á Xunta que se implique na resolución do conflito

  • Dende o PSdeG-PSOE Provincial da Coruña responsabilizan ao Goberno galego por “poñer o sector en mans de grandes empresas”

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña reclámalle á Xunta que se implique no conflito laboral para evitar que se prolongue a folga de transporte por autobús na provincia.

Dende o Partido Socialista responsabilizan da situación ao Goberno galego e en particular a Diego Calvo e Ethel Vázquez, logo de  “poñer o sector en mans de grandes empresas e acabar con moitas pequenas”.

Ademais, sinalan á Xunta como culpable do “caos” que hai no transporte. Estas razóns serían as causantes para o PSdeG provincial de que a situación vaia a peor agora cunha folga indefinida: “agravará o caos dos buses”.

“Nin Ethel Vázquez nin Diego Calvo deron solución aos problemas do transporte, estiveron de perfil nun tema que afecta á vida diario de miles de persoas”, lamentan.

O Grupo Provincial Socialista na Deputación da Coruña aprobou no seu momento, o pasado día 23 de xaneiro, unha moción conxunta co BNG neste sentido.

No texto da moción aprobada no pleno da Deputación ínstase á xunta a reunirse coa parte social da mesa de negociación do convenio colectivo co obxectivo de mediar no conflito. Tamén a  dirixirse ás empresas concesionarias do transporte público por estrada, “lembrándolles a súa obriga de negociar de boa fe e de garantir condicións laborais dignas nun servizo esencial para a cidadanía”.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes