O Grupo Municipal Socialista de Coristanco denuncia o malestar veciñal por deixar dúas vivendas sen beirarúa na Avenida de Erbecedo
– Os Socialistas reuníronse cos afectados e proporán que se complete o trazado das beirarrúas ata as vivendas afectadas
O Grupo Municipal Socialista do Concello de Coristanco manifestou o seu rotundo rexeitamento á actuación do equipo de goberno na urbanización da Avenida de Erbecedo, onde dúas vivendas quedaron completamente excluídas do trazado da beirarrúa, deixando ás súas persoas residentes nunha situación de clara desvantaxe, inseguridade e discriminación respecto do resto de veciños da zona.
O Voceiro Socialista, José Manuel Pérez Abelenda, considera que no século XXI un concello execute unha actuación urbana debe garantir a accesibilidade universal e a igualdade no acceso aos servizos públicos básicos. “A beirarrúa non é un luxo: é unha infraestrutura mínima que garante o tránsito peonil seguro”, alega Pérez.
Así mesmo, “tendo en conta o proxecto actual, a metade das pluviais de Coristanco acabarán xunto as vivendas afectadas con risco de inundacións nas entradas e invada tamén a carretera provincial Coristanco-Rus poñendo en risco aos conductores”, di Pérez Abelenda.
Ademais, os Socialistas denunciaron a falta de transparencia do goberno local, que non ofreceu ningunha explicación aos afectados que xustifique esta exclusión. Pregúntanse se detrás desta omisión hai desleixo, neglixencia ou unha decisión arbitraria.
Por todo isto, o Grupo Socialista reclamou que se tivera en conta o malestar dos veciños e se impulsara a ampliación das beirarrúas ata as vivendas para corrixir a situación denunciada, e anunciou que levará este asunto ao próximo pleno municipal, mediante un rogo formal e cantas iniciativas políticas sexan necesarias. “Desde o PSdeG-PSOE seguiremos traballando para que ningún veciño ou veciña deste municipio sexa tratado como cidadán ou cidadá de segunda. As políticas públicas deben ser inclusivas, equitativas e pensadas para todos”, termina Pérez Abelenda.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS