Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O goberno local de Rianxo e o PP abandonan ao rural ao suprimir a sede de Asados no campamento de verán

Trátase dun novo golpe aos servizos no rural, executado con opacidade, sen diálogo coas familias nin cos grupos da corporación, e xustificado con mentiras.


Desde o PSdeG-PSOE de Rianxo denunciamos con rotundidade a decisión política adoptada na Xunta de Goberno Local, na que tamén participa o Partido Popular, de eliminar a sede do CEIP Ana María Diéguez de Asados do campamento municipal de verán. Trátase dun novo golpe aos servizos no rural, executado con opacidade, sen diálogo coas familias nin cos grupos da corporación, e xustificado con mentiras.


Esta decisión supón a ruptura unilateral dun modelo de conciliación que estaba funcionando e que permitía ás familias do rural acceder a un servizo básico sen ter que asumir desprazamentos de máis de 40 minutos ( entre esperas, desprazamento a paradas, e viaxe as sedes marcadas), custos de ata 100€ por transporte ou incertezas sobre o retorno dos nenos no Plan Madruga, xa que dependiendo da sede elexida, pode darse a casualidade de non disponer de transporte. Unha situación inxusta e discriminatoria que non se pode tolerar nun concello que presume de defender o rural mentres recorta servizos esenciais.


O argumento utilizado polo goberno local, encabezado por Julián Bustelo, de que non é posible usar o centro de Asados xa que non se está a tempo de solicitalo ou que os custes son elevados, é directamente falso. A realidade é que o Concello decidiu rebaixar o prezo do campamento en 15€ respecto ao ano pasado,2024, polo que carece de lóxica que agora se elimine unha sede cunha demanda consolidada, exculpándose no aspecto económico. Non damos crédito ó afán deste Goberno de “esquerdas” que non defende os servizos esenciais para as familias, deixándose influenciar pola presenza na Xunta de Goberno Local do PP.


O Partido Popular é cómplice desta política de recortes, pois forma parte desta Xunta de Goberno Local, por primeira vez en Rianxo toma decisión de Goberno, e que tomou parte desta decisión. Non vale manter un discurso de defensa do rural se despois se apoian medidas que expulsan servizos das parroquias e xeran desigualdades entre veciños de primeira e segunda.


Ademais, esta decisión vulnera a licitación do servizo de campamento para 2024, que será prorrogada a 2025, e na que se recollen claramente tres sedes: Brea Segade (75 prazas), Félix Muriel (90) e Ana María Diéguez (30), sumando un total de 195 prazas. Modificar este modelo sen adaptar legalmente os termos do contrato supón unha irresponsabilidade grave e unha mostra máis da improvisación que caracteriza a acción deste goberno.


Esta supresión da sede de Asados é un síntoma máis da falta de proxecto, planificación e sensibilidade social deste goberno, máis centrado en xestionar titulares que en dar resposta real ás necesidades da veciñanza. A conciliación non pode depender do código postal, e a igualdade de oportunidades debe ser unha prioridade real, non un lema baleiro.


Esiximos a rectificación inmediata desta decisión, a reapertura da sede de Asados e a convocatoria dun proceso de diálogo real para reconfigurar o modelo de conciliación municipal, con criterios de igualdade, xustiza territorial e respecto ás familias.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes