Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O edil socialista Jesús Fernández denuncia unha expulsión irregular do pleno municipal de Oleiros para agochar graves fallos na xestión institucional e impedir o funcionamento democrático do Pleno nunha nova mostra de actitude caciquil

– O concelleiro explica que saíu voluntariamente do pleno para non comprometer á Policía Local á que lle pedía facer algo ilegal


O concelleiro do Grupo Municipal Socialista, Jesús Fernández, denunciou publicamente a ilegalidade da súa expulsión do último pleno da corporación local de Oleiros e criticou con dureza a xestión do equipo de goberno por múltiples irregularidades na convocatoria e desenvolvemento da sesión.

Segundo Fernández, o pleno foi convocado de forma irregular, non respetando os plazos e dificultando o acceso a documentación esencial para o debate. “Decatámonos de que algo non cadraba. O mércores pola mañá avisamos ao secretario de que non había convocatoria para o pleno, preocupados por se de novo estaban convocando un pleno extraordinario para substituír ao ordinario do mes, o que impide á oposición fiscalizar presentando mocións, rogos e preguntas”, explicou.

A pesar dunha posterior convocatoria dual —ordinaria e extraordinaria—, o concelleiro denuncia que non se respectaron nin os tempos nin os dereitos dos grupos. “Non nos deixaron intervir no punto de debate de aprobación urxente da convocatoria extraordinaria. O alcalde alegou un erro informático, pero é outro fallo político e de xestión. Con sete asesores a tempo completo e 13 cargos con dedicación exclusiva, deberían ser quen de controlar algo tan básico como unha notificación oficial”.

Sobre a súa expulsión do pleno, Fernández insiste en que se produciu sen que mediase alteración da orde, sen aviso previo nin chamada á orde, e polo tanto de maneira ilegal, segundo o establecido no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF). “Só pedía exercer o meu dereito de réplica. O alcalde pode quitarche a palabra ou impedir que conste en acta, pero non pode expulsarte sen base legal. Marchei voluntariamente para non comprometer aos funcionarios nin á Policía Local, á que se lle estaba pedindo algo ilegal que excedía as súas obrigas”. Desde o Grupo Municipal Socialista considérase que esta actuación vulnera o dereito fundamental á participación política recollido no artigo 23 da Constitución Española. Ademais, lembran que existen sentenzas que anularon expulsións semellantes cando se empregaron para acalar voces críticas ou sen seguir o procedemento legal.  “O obxectivo non era outro que evitar o debate público, silenciar á oposición e tapar unha xestión marcada pola improvisación e a opacidade”, sinala o edil.


Intervención de Jesús Fernández no Pleno
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes